Iniciouse en labores de prensa en El Correo Gallego e La Noche e xunto con outros artistas promoveu a Sociedade Artística Ferrolana en 1970. É académico correspondente de Bellas Artes de Galicia (1990), membro numerario da Asociación Española Internacional de Críticos de Arte de Madrid e París (1982), membro da Unión de Xornalistas (Madrid), membro do Club de Prensa de Ferrol, fundador e director da revista “Arte Galicia” e fundador e coordinador da revista “Poesía Galicia”. Ademais, colaborou en xornais, revistas e radio como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Ferrol Diario, Mundo Gallego, El Correo del Mar, Finisterre, “Revista General de la Marina”, “Arteguía”, “Goya”, “Desarrollo” e Cope-Ferrol. Actualmente, segue colaborando en Diario de Ferrol e é delegado da revista “Círculo de Dirigentes” e asesor cultural e de Relacións Externas do Porto de Ferrol.
Como membro de xurado, ten participado nas Bienais de Arte de Pontevedra, V Premio Rioxa de Pintura (Logroño), Certame de Pintura Nelson Zumel (Madrid), Certame de Arte dos Concellos de Burela, Mugardos e Cedeira e premio de Pintura da Mar (Porto de Ferrol, 2002). Ademais, foi membro de redacción das bases da Mostra Unión Fenosa (1988), observador na III edición do Certame Novos Artistas Europeos da firma BPOIL España en Valencia e Castellón, director da galería de arte Museum e organizador da I Exposición Internacional de Revistas de Arte (1997), etc...
Entre os numerosos premios e galardóns recibidos, destacan o Premio de Honor na Exposición VII Centenario da Vila de Pontedeume (1971), segundo premio na IV Exposición Cidade de Mondoñedo (1978, primeiro premio no Certame de Artes Plásticas do Ministerio de Traballo (Madrid, 1981), Medalla de Prata no I Salón Militar de Pintura da Aula Naval de Cultura do Norte (A Coruña), segundo premio na exposición Comisión Naval do Mar – Concello de Vigo (1983) e segundo premio no IV Certame de Pintura da Vila de Cedeira (1984)...