Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, profesor mercantil, doutor en Ciencias Económicas, catedrático de Economía da Empresa (Universidade Rei Juan Carlos), catedrático de Finanzas no Colexio Universitario de Estudios Financeiros (CUNEF), presidente da Asociación Europea de Dirección e Economía da Empresa (AEDEM), académico numerario da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, académico correspondente da Real Academia de Doutores de Cataluña, presidente da Fundación para o Desenvolvemento Socioeconómico de Galicia e das Comunidades Europeas (FUSGACE), membro de Honra da Sociedade Internacional para o Estudio da Xestión da Incerteza (SIGEF), membro do Instituto Español de Analistas Financeiros, académico da Academy of Marketing Science (EEUU) e da Academy of International Business (EEUU) e membro da Society of Advancement of Management.
Podemos destaca-las seguintes obras: Globalización de la empresa e integración de los enfoques no organizativos en la dirección. (Publicacións da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, 1995), La concepción de la empresa y las relaciones que la definen: necesidades de pertinencia, de eficacia y de eficiencia. (Publicacións da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, 1999). Tamén é autor de múltiples artigos e relatorios presentados a congresos nacionais e internacionais desde o ano 1974.
Entre as distincións que obtivo destacan: Honorary Fellow da Universidade de Wisconsin, Madison (Wis), 1974 e Postdoctoral Scholar (Research at the University of California, Los Ángeles, 1973-1974).