Ramón Menéndez Pidal


Categoría: filólogo e historiador
Data de Nacemento: 13 de marzo de 1869 (†14 de novembro de 1968)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Pouco despois do seu nacemento, a súa familia decide regresar a Asturias, terra natal do seu pai. Despois dos seus primeiros estudios, empezou tamén o Bacharelato en Oviedo aínda que o rematou en Madrid. Posteriormente, empezou na Universidade Dereito e Filosofía e Letras. O 5 de maio de 1900 casa con María Goyri. No ano 1900 ingresou na Real Academia Española, sendo nomeado presidente en 1925. Coa chegada da guerra civil trasládase a Cuba e posteriormente a Estados Unidos, dando cursos en diferentes universidades e sendo nomeado doctor honoris causa por moitas delas.

 Obras realizadas

A súa obra no campo da Filoloxía e a Historia é moi estensa. A súa actividade comeza no ano 1895 cando a Academia Española lle concede un premio por un traballo sobre o tema Gramática e vocabulario do Poema do Cid. Ó ano seguinte publícase o seu traballo La leyenda de los infantes de Lara. En 1904 se publica Manual elemental de Gramática Histórica Española e uns anos despois o seu Cantar del Mío Cid. Nos anos 20 publícase Poesía Juglaresca y juglares, La España del Cid e Los orígenes del español. Cara o ano 1935 publícanse as súas edicións de obras medievais como Historia troyana en prosa e en verso e outros textos que figuran na miscelánea Reliquias de la poesía épica española. En 1947 publica o prólogo ó primeiro tomo da Historia de España titulado Los españoles en la historia. Cimas y depresiones en la curva de su vida política. Nesta época publicou tamén El romancero hispánico, La chanson de Roland y el neotradicionalismo, Flor nueva de romances viejos, De Cervantes a Lope de Vega, Idea imperial de Carlos V, Los Reyes Católicos y otros estudios, Los Godos y la epopeya histórica, El padre Las Casas y el padre Vitoria, con otros temas de los siglos XVI y XVII, La epopeya castellana a través de la literatura española, Los romances de América y otros estudios, Miscelánea histórica y literaria.