Camilo Díaz Baliño


Categoría: Pintor, muralista, escenógrafo, ilustrador
Data de Nacemento: 14 de xullo de 1889 (†14 de agosto de 1936)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Camilo Díaz foi o escenógrafo máis importante e un dos artistas gráficos máis destacados de Galicia. Primeiro traballou como delineante na Deputación Provincial da Coruña e máis tarde para o Concello de Santiago. Consérvanse algúns óleos nos que reflicte unha temática galega, a Idade Media, a heráldica e a lenda. En 1909 casou con Antonia Pardo Méndez, coa que tivo tres fillos, un deles Isaac, famoso pintor e ceramista. En 1931 viaxou a Arxentina, Uruguay e Brasil.

 Obras realizadas

Algunhas das súas decoracións máis importantes son El Monte de las Ánimas de Julio J. Casal, Raíña y o fidalgo de San Luis Romero, Lubicán y Trebón de Armando Cotarelo, Mal año de lobos de Linares Rivas, etc. Así mesmo, realizou xunto con Castelao a escenificación e escenografía da obra de Cabanillas A man da santiña. Como artista gráfico fixo ilustracións para as coleccións de obras literarias Lar e Céltiga e de periódicos como A Nosa Terra, así como para publicacións galegas de América (Galicia, Terra galega, El despertar gallego...). En 1929 publicou unha narración ilustrada titulada Conto de guerra e algúns poemas. Fixo, ademáis, numerosos carteis e murais para a Capela da Misericordia de Viveiro.