Francisco Javier Toubes Vilariño


Pseudónimo:Xavier Toubes
Categoría: Escultor
Data de Nacemento: En 1947
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Comeza a traballar no Banco Exterior de España en Avilés en 1967. En 1969 marcha a Londres, onde traballa no mesmo banco ata 1974. En 1970 é cofundador do Grupo de Traballo Galego en Londres. Estuda no Goldsmiths’ College University of London (1974-77). En 1978 traballa en Winchcombe Pottery, Gloucestershire. Marcha a Nova York a mediados do 78 ata o verán do 79, para comenzar, a partires desa data, un periodo de residencia no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos. Recibe o Master of Fine Arts polo New York State College of Ceramics at Alfred University (1980-83). É professor de Arte na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (1983-93).

 Obras realizadas

En 1989 activa a creación do European Ceramic Work Centre (EKWC) en ‘s-Hertogenbosch e durante dous anos reside entre os Países Baixos e Chapel Hill. Dende 1991 ata 1999 é director artistico do EKWC. Actualmente, e dende 1999, é professor de Arte na School of the Art Institute of Chicago.

 Outros datos de interese

Dende finais dos 70 expón con frecuencia o seu traballo escultórico e pictórico en Europa, nos Estados Unidos e en Asia. En 1983 recibe unha bolsa do Ministerio de Cultura. En 1986 outórganlle o National Endowment for the Arts Fellowship, premio nacional en Estados Unidos, e o Artist Fellowship do North Carolina Arts Council; dous anos despois, o Individual Artist Fellowship do Southeastern Center for Contemporary Art. En 1993 obtén o primeiro premio da Bienal Europea de Cerámica no Museu de Cerámica de Manises e en 1995 o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Plásticas.