Borja Quiza


Categoría: Barítono lírico
Data de Nacemento: En 1982
Lugar de Nacemento: Ortigueira (A Coruña)
 Currículum

Estudiou canto nos seus inicios con Teresa Novoa, María Dolores Travesedo e Renata Scotto para logo perfeccionar e manter a súa técnica co tenor arxentino Daniel Muñoz.

 Obras realizadas

En 2009 estrease a película “Io, Don Giovanni” de Carlos Saura na que interpreta o papel de Don Giovanni.

Actuou nos principais teatros españois: Real de Madrid, Liceo de Barcelona, Palau de les Arts de Valencia, Festival de Amigos de La Opera e Festival Mozart de A Coruña, Arriaga e Euskalduna de Bilbao, Pérez Galdós de Las Palmas, Gayarre e Baluarte de Pamplona, Auditorio Nacional, Campoamor de Oviedo, Jovellanos de Xixón, Calderón de Valladolid, Palacio de Festivais de Santander, Villamarta de Xerez, Buero Vallejo de Guadalaxara, Teatros do Canal de Madrid, Guimerá de Tenerife... Tamén en internacionais: La Fenice di Venezia, Carlo Felice di Genova, Comunale di Bologna, Maggio Musicale Fiorentino, Reate Festival di Rieti, Accademia Nazionale di Santa Cecilia di Roma, Auditorium di Milano, Luciano Pavarotti di Módena, Vespasiano di Reggio Emilia, New Israeli Opera de Tel-Aviv, Festival Belcanto de Knowlton (Montreal), Opera de Colombia...

Entre os directores de Orquesta cos que traballou destacan Jurowsky, López Cobos, Nagano, Petrenko, Zedda, Grazioli, Carminati, Montanaro, Allemandi, Ortega, Malheiro, Pehlivanian, Manacorda, Rizzari, Encinar, Giménez Carreras... Tamén participou nas produccións dos seguintes directores de escena: Martone, Michieletto, Font, Abbado, Sagi, Grinda, Pasqual, Tambascio, Homoki, Dalla...

No seu repertorio operístico destaca Figaro de "Il Barbiere di Siviglia", Conte di Almaviva de "Le Nozze di Figaro", Guglielmo de "Cosí fan Tutte", Don Giovanni de "Don Giovanni", Papageno de "Die Zauberflöte" Dandini de "La Cenerentola", Belcore de" L'Elisir d'Amore", Dott. Malatesta de "Don Pasquale", Enrico de "Il Campanello", Marcello de "La Boheme", Sharpless de "Madama Butterfly", Zurga de "Le Pêscheurs de Perles", Mercutio de "Romeo et Juliette", Pelleas de "Pelleas et Melisande", Ramiro de "L`Heure Espagnole"...

En Zarzuela cantou "La Verbena de la Paloma", "La Revoltosa", "El Barberillo de Lavapiés", "La del Manojo de Rosas", "La Viejecita", "La Viuda Alegre", "La Canción del Olvido", "La Corte de Faraón", etc.

Realizou tamén unha amplia actividade concertística destacando obras como os "Rückertlieder" de Mahler, a "Misa de la Coronación" e o "Requiem" de Mozart, "Carmina Burana" de Orff, "La Pasión según San Mateo" de Bach, “Messa di Gloria” de Puccini, etc.

 Outros datos de interese

Á súa curta idade, Borja Quiza, tense convertido nunha das figuras emerxentes da lírica internacional gracias ó seu profundo estudio da técnica e a interpretación canora.

Recibiu o premio Ópera Actual ó mellor cantante lírico xoven en 2009, e o Premio ó mellor cantante de Zarzuela dos prestixiosos premios líricos Teatro Campoamor de Oviedo en 2010.