É autor de: ‘Aventura en Nassau’ (contos), Ed. Xerais (1991), ‘Vento de seda’ (novela), Ed. Xerais (1992), ‘Miss Ourense’ (relatos), Ed. Galaxia (1994), ‘Bajo las más bellas estrellas’ (novela), Ed. Algaida, coa que gañou o Premio de Novela ‘Ciudad de Salamanca’, ‘O mellor francés de Barcelona’ (relatos), Ed. Galaxia (1999), coa que gañou o Premio da Crítica Galega, ‘A vida apoteósica’ (novela), Ed. Xerais (2000), ‘A noite das cabras do aire’, Ed Xerais, Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil (1999), ‘A historia escríbese de noite’ (novela), Ed. Galaxia (2000), coa que conseguiu o Premio Manuel García Barros de novela, ‘Amor e música lixeira’ (relatos), Ed. Galaxia (2004) e ‘Barcos a pique’ (prosas xornalísticas), Ed. Universidade de Santiago, Premio Blanco Torres de Xornalismo (2005).
Cotradutor, xunto con Manuel Vázquez, da Biblioteca Sherlock Holmes, editada en Galaxia en nove tomos entre 1995 e 1997.
Ademais, publicou en obras ou antoloxías tales como ‘Antoloxía do canto galego de medo’ (Galaxia), ‘Berra liberdade’ (Galaxia, 1995), ‘Catro ensayos sobre o nacionalismo de esquerda’ (Sotelo Blanco, 1990) e ‘Materia prima’ (Xerais).
Na actualidade exerce como catedrático de lengua e literatura galegas nun instituto de Santiago. Ademais, é colaborador habitual na revista Tempos Novos e foi columnista no pasado de A Nosa Terra e La Voz de Galicia.