Benjamín Santín Carballada


Pseudónimo:B. Santín
Categoría: Profesor, pintor e debuxante
Data de Nacemento: 4 de xuño de 1933
Lugar de Nacemento: Becerreá (Lugo)

Opinión

   Cultura
 Currículum

Profesor mercantil, mestre industrial e delineante da construcción, Benjamín Santín é catedrático de Debuxo (cincuenta e tres anos como docente). Foi profesor na Escola de Comercio, no Instituto Masculino (hoxe Lucus Augusti) e na Escola de Mestría Industrial (hoxe IES Nº 1 Politécnico de Lugo). Participou en numerosas comisións e congresos, sendo presidente do primeiro Congreso Galego de Profesores de Debuxo (A Coruña, 1998). Foi socio da Agrupación Fotográfica Lucense (1960-1976) e secretario da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses (1996-2001). En 1982 recibiu o primeiro premio no X Aniversario do Colexio Nacional de Decoradores. Colabora con traballos de distinta temática en distintas publicacións.

 Obras realizadas

Á súa vertente crítica, articulista e profesor hai que engadir o deseño, a fotografía, adoptando técnicas de plumiña, augada e acuarela, realizando deseño de logotipos, portadas de revistas, carteis, etc., así como participando en exposicións colectivas, tanto benéficas como libres, en pintura e fotografía. Participou en varios congresos como participante o expoñente de relatorios.

 Outros datos de interese

Toda a súa obra caracterízase polo contido libre das súas alegorías e simbolismos conceptuais ó estar baixo a inspiración popular da curiosidade, fantasía e didáctica, tratando de comunicar sempre a linguaxe interior a través da palabra e a imaxe. As súas obras Visión Háptica e Rastro en la arena, foron seleccionadas para a exposición do IV Concurso Fotográfico Praia de Gandía en agosto de 2004.