Alberto Fernández Abal


Pseudónimo:Al Fer Ab
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1972
Lugar de Nacemento: Londres
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura

Web Alberto Fernández Abal
 Currículum

Artista plástico de formación autodidacta, especializado en técnicas ao óleo, acrílico e acuarela, ademais do debuxo ao carbón, sanguina, etc., de temática orientada ao retrato e aos animais. Na actualidade está centrado nun estilo propio ao que denomina “poligonismo”, influenciado fortemente polo cubismo, pero afastado das desproporcións ou distorsións deste. O poligonismo emprégao, sobre todo, na temática do retrato utilizando liñas rectas que dan como resultado formas poligonais irregulares.
 
As súas principais influencias son Alberto Durero, Leonardo Da Vinci, Juan Gris, Picasso, Dalí, Tamara de Lempicka, Miquel Barceló, etc.

 Obras realizadas

Portada de “A choiva do mundo”, Xosé Manuel Pacho Blanco, Ed. Xerais (Premio Torrente Ballester, 2007).
 
CONCURSOS
Participa en varios concursos de deseño de carteis e de pintura, como os do cartel de San Froilán, o do entroido de Lugo, e o IV Certamen de Pintura Arte Nova Galega (convocado polo Ámbito Cultural de El Corte Inglés e ARGA).
 
EXPOSICIÓNS
Primeira exposición (temática variada). Abril de 2010. Casa da Xuventude de Ourense.
Poligonismo: Año Cero. Decembro 2010 - Xaneiro 2011. Casa da Cultura de Sarria, Lugo.
Ismos. Abril - Maio 2011. Sala de Exposicións Uxío Novoneyra, Lugo.
Setembro 2011. Exposición no Café do Pousadoiro, Lugo