Aínda que naceu en Barcelona, pronto se trasladou a Galicia, concretamente á Coruña, onde entra en contacto con grandes artistas galegos e coa maravillosa paisaxe gallega, que reflicte unha e outra vez nos seus lenzos e papeis dende 1974.
Nese ano comeza a súa carreira pictórica de xeito profesional e son moitas as exposicións individuais e colectivas en todo o mundo.
Expón na Coruña en máis de seis ocasións e recibe o primeiro premio na Primeira Mostra de Artes Plásticas de Unión Fenosa.
Expón en distintas galerías e institucións do estado español e en distintos países —Caixa Galicia, Caja Postal, Sala da Cultura do Concello da Coruña, Arquivo do Antigo Reino de Galicia, Arte Imagen, Galería Sargadelos, Agripa, Rosalía de Castro, Burela, Niké, Art-Box, Pedret, Adega, Arte Toranto, Euroamérica Galeries.
Colabora con institucións de apoio social e humanitario como Manos Unidas, Hogueras de San Juan, Fundación Adcor.
Expón en París e Beziers (Francia), Los Ángeles, Nova York e Miami (EE.UU.), Gante (Bélxica) e Battalha (Portugal).
Participa nas máis importantes feiras de arte do estado español: Artexpo, en Barcelona (en dúas ocasións); Árcale, en Salamanca, Arte Sevilla...
Participa en varias ocasións en certames e bienais internacionais: Beziers, Balconadas, Euroart, etc.
Actualmente continúa a desenvolver o seu labor artístico en Xares, un pequeno pobo da fermosa e idílica montaña de Ourense, onde reside e ten o seu estudo.
Contan coas súa obras a Xunta de Galicia, Caja Postal, Caixa Galicia, os Concellos de Sarria, Betanzos, Oleiros, a Sociedade Unión e empresas como MZOV, Unión Fenosa, ademais de distintas pinacotecas públicas e privadas.