Traballou nunha leitería e nas minas de carbón en Ponferrada. De regreso a Curtis traballou nun depósito de madeiras. Cando se produce o alzamento, Benigno bótase ó monte por temor ás represalias por ter axudado ós resistentes. A partir dese momento comeza unha actividade guerrilleira, que o leva a ter varios encontros coa Garda Civil, aínda que non é capturado ata 1952, cando estaba escondido nunha cova co seu compañeiro de guerrilla. Foi xulgado e condenado a morte, sendo executado na prisión da Coruña.