Modesto Hermida García


Data de Nacemento: 21 de abril de 1946
Lugar de Nacemento: Vales, San Cristovo de Cea (Ourense)
 Currículum

Dende 1987, coa parentese dun curso no que causou baixa por desempeñar outra función na Universidade de Santiago de Compostela, exerce como inspector de educación na provincia de Pontevedra.

 

TÍTULOS ACADÉMICOS

Mestre de Primeiro Ensino, 1966.

Licenciado en Filosofía e Letras (Sección de Filoloxía Románica-Subsección de Español), 1979, U.S.C.

Doutor en Filoloxía Románica (Español), 1995, U.S.C.

 

TÍTULOS ADMINISTRATIVOS DO ÁMBITO DA DOCENCIA

Mestre nacional, 1968.

Profesor de E: X. B, 1974.

Profesor Agregado de Lingua e Literatura Galegas de I. E. S., 1982

Catedrático de Lingua Galega e Literatura de I.E.S, 1992

Inspector de Bacharelato. 1988. Posteriormente, coa unificación dos dous corpos da inspección de ensinanza e coa integración dos coordenadores de F.P, continuou como Inspector de Educación.

Profesor Titular de Filoloxía Galega e Portuguesa de Escola Universitaria na Universidade de Santiago de Compostela, 1993.

 

PUBLICACIÓNS

I.- Libros:

Lingua Galega 6, con Guía didáctica, Ed. S.M., Madrid, 1983

As revistas literarias en Galicia na Segunda República, Ed. Do Castro, Sada- A Coruña, 1987.

Castelao para nenos, Ed. De la Torre, Madrid, 1988

Castelao e Os dous de sempre,, Ed. Galaxia, Vigo, 1990

A prensa en galego, Consellería de Educación e O. U., Santiago de Compostela, 1993.

Narrativa Galega: Tempo do Rexurdimento, Ed. Xerais, Vigo, 1995.

Nas ondas de Galicia, Ed. Ir Indo, Vigo 2009

Xesús Alonso Montero (Palabras e compromiso), Ir Indo Edicións, Vigo, 2010

No fío da navalla e outros poemas, Ir Indo Edicións, Vigo, 2010.

 

II.- Libros dos que é coautor:

Lingua galega 8, con Guía didáctica, Ed. S. M., Madrid, 1985

Lingua galega 6º E.X.B., con Guía didáctica, Ed. S. M./Galaxia, Madrid, 1986.

Lingua galega 7º E.X.B., con Guía didáctica, Ed. S. M./Galaxia, Madrid, 1986

Lingua galega 8º E.X.B., con Guía didáctica, Ed. S. M./Galaxia, Madrid, 1986

100 Españoles que cuentan, Liber’85, Ministerio de Cultura, Madrid, 1985

Letras españolas 1988, Ed. Castalia, Madrid, 1989

Letras españolas 1989, Ed. Castalia, Madrid, 1991

Lingua galega e literatura. Secundaria 2, Madrid, Ed. S. M., 1997

 

III.- Colaborou no PROXECTO GALICIA de Ed. Hércules, con A narrativa galega do século XIX e A emigración galega a América no século XIX

 

IV.- Autor de 10 textos poéticos para A carón do mar (serigrafías) de Antón Pulido, Vigo, 2010.

.

V.- Edicións con introducción e comentarios:

Non agardei por ninguén, de Ramón Valenzuela Otero, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 1989

A besta, de Xan de Masma (Patricio Delgado Luaces), Ed. Galaxia, Vigo, 1993

Campaña da Caprecórneca, de Luís Otero Pimentel, Ed. Galaxia, Vigo, 1994

Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve), Coordinador dun equipo de 9 estudosos/as, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, 2003

Seis poemas galegos, de Federico García Lorca, Dirección Xeral de Política Lingüística e Xefatura Superior de Policia de Galicia, 2004

 

VI.- Libros de autoría colectiva nos que ten colaborado:

“Os meus encontros con Celso Emilio”, en Voz e voto (Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro), Ed. Patronato Curros Enríquez, 1991

“A formación inicial do profesorado. A lingua como compromiso”, en Xornadas de formación para os equipos de Normalización lingüística dos centros educativos, Consellería de Educación e O. U., 1994.

“Para Federico no orballo do tempo”, en Os poetas de Galicia cantan a García Lorca. Coroa literaria para Federico contr a súa morte, Concello de Santiago, 1998

“Emigración e marxinalidade narrativa”, en Cinguidos por unha arela común, Tomo I, (Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero), Universidade de Santiago, 1999.

“Ó abeiro de Emocal Otiné”, en ¿Nós? Coma vós, Sem. Estudios de Deza, Lalín, 2001 (Este libro editouse coa finalidade de recabdar axuda para a infancia con sindrome de Down)

“A F.U.E. en Compostela”, en Homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Fundación dos Premios da Crítica-Galicia, Vigo, 2002

“Aquella Ciudad de mis sueños”, en Un universo literario en cien miradas, Ourense, Asociación de libreros de Ourense, 2002

“A Xela Arias, sensible berro de silencio”, en Xela Arias, quedas en nós, Ed. Xerais, Vigo, 2004.

“Tratitos de Valdelama”, en Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade (Narradores galegos do P.E.N.), Santiago de Compostela, Pen Clube de Galicia, 2005.

“Camiños e xentes” e “Camiño de xentes”, en O camiño do Cebreiro a Santiago (Sufrir é malo, pero ter sufrido é bo), Vigo, Ir Indo Edicións, 2009.

“Anos de consolidación para o ensaio en lingua galega” e “Crisol de galeguidade”, en Premios da Crítica Galicia. 35 Anos de cultura, fundación Prtemios da Crítica Galicia, Vigo, 2012.

 

VII.- Prólogos para:

O segredo de Cibrán e outros contos, de Xosé Antonio Perozo, Vigo, Ed. Xerais de Galicia, 1988

Retorno ós lamentos, de Antonio García Teijeiro, Vigo, Ed. Xerais de Galicia, 1988

Van Gogh e outras cancións, de Manuel Sieiro, Santiago de Compostela, Colección Libros da Frouma de Follas Novas Edicións,

 

COLABORACIÓNS EN DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Ten colaborado en páxinas ordinarias e especiais de prensa diaria (Artes e leras e A pizarra de Faro de Vigo, El correo gallego e outras colaboracións esporádicas) e en revistas máis ou menos especializadas como Dorna, Grial, Follas secas, Galicia Expres-ese, A Peneira, Boletín galego de literatura, Encrucillada, Ágora do Orcellón, Madrygal, e alguna outra. Tamén colaborou na radio (Diario cultural da Radio galega) e na televisión (Programa cultural Visións da R. T. V. G.), con temas propios da súa especialidade.

 

OUTRAS COLABORACIÓNS Ó SERVIZO DA ESCOLA

Texto en aleluias que sintetiza a historia do teatro galego, para o cartel Teatro escolar. Aula do teatro, Escola Dramática Galega, 1983. Hai unha segunda edición.

 

TRADUCIÓNS:

Correo da UNESCO, novembro de 1993

Santiago de Compostela, camino de la salud, orixinal de Ramón Izquierdo Perrín, edición trilingüe, non venal, de 600 exemplares, 400 numerados á man, ISBN: 84-89468-96-6, ano 2003.

 

CURSOS QUE TEN IMPARTIDO

Ademais de moitos cursos prácticos de lingua galega, literatura galega e didáctica da lingua e da literatura, ten colaborado :

Na Qinta escola de verán, Vigo, 1983

Na Escola viva 83, Pontevedra, 1983

No curso Castelao e a súa época, Universidade de Santiago de Compostela, 1984

No curso Comentario de textos para profesorado de Encino Medio, Vigo 1985

No curso Galicia: Historia y Literarura Contemporánea, Museo Roca de Buenos Aires, 1986

No Congreso sobre Castelao, Centro Gallego de Buenos Aires, 1986

Nas Xornadas galegas en Cataluña, Universidade de Barcelona, 1988

Nas xornadas Reflexións para unha imnovación educativa, Dirección Xeral de Política Lingüística, Pontevedra, 1989

Nas Xornadas de debate do Deseño curricular base de Lingua galega, Santiago de Compostela, 1989

Nas Sesións informativas sobre Celso Emilio Ferreiro, Santiago de Compostela, 1989

No Curso de formación de coordenadores docentes, Consellería de Educación e O. U., , Santiago de Compostela, 1991.

No Encontro entre dous mundos, Universidade de Anahuac, México D.F., 1992

 

 

OUTRAS INTERVENCIÓNS

Ademais de en todas as capitais e maioría de vilas de Galicia, ten dictado conferencias en Buenos Aires, Comodoro-Rivadavia, Rosario, Mar de Plata, Xenebra, Zurich, Braga, Montevideo, Barcelona, Santander, Oviedo, Gijón, entre outras cidades

 Outros datos de interese

Foi membro de varios consellos de redacción e patron de varias fundacións.

Foi Director literario de Ir Indo Edicións durante cinco anos, dende o 1987

Foi membro, na primeira fase, do equipo de investigación para un Diccionario da Literatura galega, dirixido polo profesor Dr. Anxo Tarrío Varela

Colaborou co Gabinete da Reforma Educativa, 1981-1982

Foi membro do Seminario Permanente de C.O.U. dende o curso 1986-1987

Dirixiu a colección Narrativa de Onte na Editorial Galaxia (chegaron a se publicar tres volumes).

Dirixe o proxecto Narrativa Recuperada no Instituto Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Teñense publicado neste proxecto quince volumes e están pendientes de se publicar, nun breve prazo, catro volumes máis)

Colabora como codirector do Diccionario sistémico do século XIX, co profesor Dr. Anxo Tarrío Varela, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Ten participado en moitos xurados de certames literarios como, entre outros, no Premio nacional de las letras españolas, 1986

 

PREMIOS

Foi Premio da Crítica-Galicia, na modalidade de Investigación, no ano 1996.