Belén Constenla


Categoría: Actriz
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Completou a súa formación con múltiples cursos como o ‘Curso de Iniciación ó Teatro’, impartido pola compañía Caritel de Ourense (1985), o ‘Curso de Maquillaxe para Teatro e Cine’, impartido polo maquillador de cine americano Rubén Darío (1988), ‘Interpretación en Chejov, Ibsen e Sahakespeare’, impartido por Augusto Fernández en Santiago e organizado pola Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (1990), a segunda parte do curso ‘Interpretación en Chejov, Ibsen e Shakespeare’ (1992), ‘Interpretación’, impartido por Natalia Svreva e organizado pola AADTEG (1994), ‘Curso sobre Bertolt Brecht’, impartido por Ernesto Caballero e organizado pola AADTEG (1998), ‘Interpretación no cine’, impartido por Enrique Urbizu (1999), ‘Cabaret’, impartido por Ángel Burgos e organizado pola AADTEG (1999), ‘O actor como creador’, impartido por Albert Boadella e organizado pola AADTEG (1999), ‘Cómo defenderse del director’, impartido por Ángel Facio (2000), ‘Sombras Chinas’, impartido pola compañía de títeres TANXARINA (2002) e ‘Interpretación ante a cámara’, impartido por Gloria Paduna e Ángel Almazán de ‘El Subarino’ (2003).

 Obras realizadas

TEATRO:
-COOPERATIVA DE TEATRO CARITEL: ‘Calquera vai á guerra’, de Guillermo Figueiredo. Director: Manuel Guede (1986-88). Papel protagonista.
-CENTRO DRAMÁTICO GALEGO: ‘As alegres casadas’, de William Shakespeare. Director: Eduardo Alonso (1989); ‘O incerto Señor Don Hamlet’, de Álvaro Cunqueiro. Director: Ricard Salvat (1991); ‘Un soño de verán’, de William Shakespeare. Director: Eduardo Alonso (1992); ‘Valle Inclán 98’ nos espectáculos ‘Las galas del difunto’ (director: José Martins) e ‘El embrujado’ (director: Eduardo Alonso) e ‘A cacatúa verde’. Director: Eduardo Alonso (2001).
-TEATRO DO NOROESTE: ‘O Rei Lear’, de William Shakespeare. Director: Eduardo Alonso (1990); ‘Os Xustos’, de Albert Camus. Director: Eduardo Alonso (1991); ‘As vodas de Fígaro’, de Caron de Beumarchais. Director: Eduardo Alonso (1994); ‘Macbeth’, de William Shakespeare. Director: Eduardo Alonso (1994); ‘A Gaiola’, de Alfredo Conde. Director: Eduardo Alonso (1995); ‘Historias peregrinas’, de Miguel Anxo Murado. Director: Eduardo Alonso (1995); ‘Noite de Reis’, de William Shakespeare. Director: Eduardo Alonso (1995); ‘Unha rosa é unha rosa’, de Suso de Toro. Director: Eduardo Alonso (1997); ‘Estación Mahagonny’, de Bertolt Brecht. Director: Castro Gudes (1998); ‘A Celestina’, de Fernando de Rojas. Director: Eduardo Alonso (2000) e ‘O país acuático’, de E Alonso. Director: Eduardo Alonso (2002).
-ESPELLO CÓNCAVO: ‘Bailando en verán, de Brian Friel. Director: Arturo López (1997) e ‘As Troianas’, de Eurípides (versión de Manuel Lourenzo). Director: Arturo López (1997).
-UR TEATRO: ‘Trabajos de amor perdidos’, de William Shakespeare. Directora: Helana Pimenta (1999).
-OLLOMOLTRANVÍA: ‘Os carros do camiño’, de Rafael R. Marzo. Director: Rafael R. Marzo, 1999.
-TEATRO DO AQUÍ: ‘Criaturas’, Roberto Vidal Bolaño. Director: Roberto Vidal Bolaño (2000).
-TEATRO DO MORCEGO: ‘Os vellos non deben namorarse’, de Castelao. Director: Celso Parada (2001-2002).
-CIA. LAGARTA, LAGARTA: ‘Fobias’, de José Luis Prieto. Director: Lino Braxe (2004-05).
-CIA. BALEA BRANCA: ‘Defensa de dama’, de Joaquín Hinojosa. Director: Damián Contreras (2005).

TELEVISIÓN:
-TELEVISIÓN DE GALICIA (TVG): ‘Magazine Corcante’ (1991), ‘Luar’ (1996), ‘Supermartes’ (1997-98), ‘Tequelexou’ (2001-2002) e ‘Bo proveito con Xacobe’ (2003).
-GALAXIA COMUNICACIÓN: ‘Padín de Carracedo’ da serie ‘Os outros feirantes’ de Álvaro Cunqueiro. Director: Xosé Cermeño (1990). Serie para a TVG.
-EDITORIAL COMPOSTELA: Secundarios en capítulos da serie para a TVG ‘Pratos combinados’ (1998-99).
-ESTUDIOS PICASSO – BOCA A BOCA: Serie ‘El Comisario’, capítulo 80.
-ZENIT MULTIMEDIA: Personaxe fixo na serie ‘Rías Baixas’ (2000-2001-2003-2004).

CORTOS:
‘¿Por qué no me miras?’ e ‘O paso da historia’, de E. Cuquejo (1989), ‘O cura burlado’, de Carlos Soler; ‘Marionetas’, Escuela de Imaxe e Son de Vigo e ‘¿Ata cando?’, de Cuchi Carreira.

CINE:
‘Sei quen es’, de Patricia Ferreira (1999) e ‘Días de voda’, de Juan Pinzás (2001).

RADIO:
Locutora de cuñas para a axencia ‘Planos’ de Ourense (1987) e guionista e locutora no programa ‘A Castaña Pilonga’ en Radio Bemposta de Ourense (1989).

VARIOS:
Sonorización de documentais para TV7 (1992), monitora nun obradoiro de teatro para nenos de dous meses de duración con ‘Kukas Producións’ para ‘Ferradura Aberta’ (1993).

 Outros datos de interese

PREMIOS:
-1997: Nominación á mellor actriz secundaria nos Premios ‘María Casares’ de Teatro polo seu traballo en ‘Bailando en verán’, de Brian Friel, dirixido por Arturo López para ‘Espello Cóncavo’.
-1998: Premio á mellor actriz secundaria nos Premios ‘María Casares’ pola obra de Suso de Toro ‘Unha rosa é unha rosa’, dirixida por Eduardo Alonso en TEATRO DO NOROESTE.
-1999: Nominación á mellor actriz secundaria nos Premios ‘María Casares’ por ‘El Embrujado’, de Valle-Inclán, dirixido por Eduardo Alonso para o CENTRO DRAMÁTICO GALEGO.
-2000: Premio ‘María Casares’ á mellor actriz secundaria por ‘Criaturas’, de Roberto Vidal Bolaño.
-2003: Nominación á mellor actriz polo personaxe ‘Carmiña’ na serie ‘Rías Baixas’.