Beatriz Vázquez Lorenzo


Lugar de Nacemento: Padrón (A Coruña)
 Currículum

É profesora de idiomas aplicados ó canto no Conservatorio Superior de Castela e León en Salamanca. É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, realizando o último curso da Licenciatura en Roehampton Institute of London, Universidad de Surrey (Inglaterra, Reino Unido). Obtén o título profesional en Canto no Conservatorio Profesional de Música de Salamanca, finalizando os seus estudos coas máximas calificacións e coa obtención do Premio Extraordinario de Fin de Grao. É Técnico Especialista en Protocolo e Comunicación, Técnico Superior e Auditor en Prevención de Riscos Laborais e Técnico superior en Marketing. Como escritora de prosa poética colaborou cos seus poemas en varias exposicións multidisciplinares en Galicia e La Gomera e forma parte dende hai anos do xurado do premio de Narrativa Camilo José Cela de Padrón. Dende 2016 forma parte como escritora do proxecto artístico 'El Viaje Interior'. Traballou para o sector privado como Responsable de Loxística Comercial Integral, Marketing e Publicidade, Protocolo, Organización de eventos, Corrección e Edición de textos e Tradución e Interpretación a nivel técnico profesional, Inglés-Español e Español-Inglés (contratos mercantís, manuais corporativos, documentación técnica, correspondencia, páxinas web e textos literarios).

Como soprano, iniciase no mundo da lírica da man de Dna. Mª José Couceiro Blanco, debutando como solista en Decembro de 2010 coa Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín baixo a direción do Tte. Cnel. D.Francisco García Hurtado. Formou parte da agrupación coral Asc. Coro Liceo de Vilagarcía, baixo a direción de Dna. Margarita Guerra, coa que actuou frecuentemente como solista en antoloxías de ópera e zarzuela en Galicia e Portugal. Participou en numerosos concertos e recitais como solista así como en producións líricas en Galicia, Portugal e diversas cidades de España, actuando en salas de concerto como o Auditorio de Galicia, Auditorios de Vilagarcía de Arousa, Cambados ou Padrón entre outros e no Auditorio do Liceo, CAEM, o Museo Ciudad de Salamanca, Casa de Granada en Madrid, Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo etc, e con diferentes formacións musicais como a Orquesta Do Norte de Portugal, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta do CMU Salamanca, Banda Municipal de Santiago de Compostela, Vilagarcía ou Pontevedra.

Asistiu a cursos de canto e perfeccionamento de técnica vocal entre outros con Montserrat Caballé, José Ferrer Serra, Rupert Damerell, Kevin Smith, Ángeles Triana, Javier San Miguel, Miro Moreira, Carlos Mena, María Bayo, Raúl Giménez, Carlos Chausson, Carmen Solís, Carmen Subrido, Francesca Roig, Wolfram Rieger ou Manuel Burgueras.

Foi alumna durante varios anos da soprano viguesa especialista en Lied, Carmen Durán e na actualidade continua recibindo consello da profesora Dna. Tatiana Sajarova Strashnova.

 Obras realizadas

Interesada na difusión da canción galega de concerto, a canción dende a composición femenina (de música e/ou texto) e a canción rusa, ten realizado numerosos concertos e interpretacións en torno a estes repertorios acompañada de repertoristas como Miguel Costas, María Forteza, Sandra Mayers ou Manuel Burgueras.

Entre outros compromisos, destaca a súa participación no festival Moscú Spring Becha A Capella (Rusia) coa formación Melibea a Cappella, en tres edicións, obtendo o premio do público (2019), no espectáculo lírico Zarzuela para Todos (Alba de Tormes) e na ceremonia de despedida ós participantes da Talisker Athlantic Challenge en compaña do violinista Roberto Tubaro (La Gomera, Canarias).

Dende 2017 é directora do Orfeón de Voces Graves de Vilanova de Arousa (Pontevedra).