Títulos académicos e estudios realizados: Enxeñeiro Técnico en Explotacións Agropecuarias (Sevilla), Enxeñeiro Agrónomo (Lugo).
Cargos Profesionais: Técnicos de proxectos da Axencia de Desenvolvemento Gandeiro (1973-1985) do Ministerio de Agricultura, na Xunta de Galicia a partir de 1982. Director Provincial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) na Coruña (1986-1988). Director Territorial de Galicia do MAPA (1988-1996). Técnico de Apoio na Área de Agricultura da Delegación do Goberno en Galicia a partir de 1996.
Libros e relatorios: Contribución do pasto e do penso á producción leiteira en Galicia. I Xornadas Agrarias Galegas. Ed. MAPA, 1983.
Productividade potencial das praderías galegas expresada en litros de leite, en 'Usos do Monte en Galicia'. Ed. Do Castro, 1987. Seminario de Estudios Galegos.
A pequena agricultura e a producción de leite no horizonte da CEE. III Xornadas Agrarias Galegas. Ed Deputación Provincial da Coruña, 1987. Coautor.
A explotación de leite cara ó futuro. Xornadas técnicas sobre a producción de leite. Ed. Xunta, 1988.
Producción de Leite en Galicia. Ed. Xunta, 1989. Coautor.
El sector productor de leche en Galicia, Revista de Estudios Agrosociais, 154 (MAPA) 1991.
Múltiples artigos en 'La Voz de Galicia' (Suplemento de Economía) e 'Cooperación Galega'.
Encomenda da Orde do Mérito Agrario concedida polo Ministro de Agricultura en 1993.