Isabel Sánchez Montenegro


Data de Nacemento: En 1961
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Cursou estudos na Escola de Maxisterio desa cidade obtendo o título de Mestra de Educación Primaria especialista en Ciencias Sociais e Educación Infantil.
Dende o ano 1984 exerceu a súa profesión en diferentes destinos da provincia de Lugo: A Mariña, Monterroso, Quiroga, Antas de Ulla, Chantada e Monforte de Lemos, cidade na que reside dende hai doce anos.

 Obras realizadas

Dende o ano 2007 forma parte do goberno municipal de Monforte de Lemos, no que exerce como Concelleira de Medio Ambiente, Educación e Xuventude.
Foi membro do Consello Local do BNG de Monforte.
Na actualidade é membro do Consello Comarcal do BNG na comarca Lugo-Sul.