En Brasil foi director da empresa "Atlas-Contabilidad, organización e auditoría de empresas" que chegou a ter 5000 clientes, a maior de Brasil no seu xénero coa actividade de: contabilidade, administración de inmobles, compravenda de inmobles e negocios, seguros e axencia de viaxes. Foi presidente da casa de Galicia en distintos períodos, presidente do Consello deliberativo da casa de España, así como do Hospital español. Fundador e Presidente da 1ª Asoc. de Empresarios Galegos en América. Creador e 1º presidente de "Fegaex", así como do "Club Financeiro Internacional Galego de Negocios,S.A." con sede en Santiago: C/ Ramón Piñeiro, Portal 3, Entreplanta B.En Río posúe unha cadea hoteleira, da que o buque insignia é o "Hotel Merlín", considerado o mellor na categoría do 4 estrelas de Brasil. Conseguiu que o embaixador de España en Brasil entrase na Casa de Galicia cando esta era de tendencia republicana.Obtivo a Fusión das tres entidades españolas resultando A Casa de España, orgullo da colectividade.Dentro da Filosofía de Fegaex creou empresas en Galicia como: Concesionario Mercedes, Concesionario Mitsubishi, Atlántico Gallega de Inversiones (que participa na concesión do Castelo de Sotomayor) e outras. Trata de unir ós empresarios galegos da Diáspora cos de Galicia por medio do "Club Financeiro Internacional Galego de Negocios, S.A."