Xornalista titulado pola desaparecida Escuela Oficial de Periodismo de Madrid (plan de cinco anos e exame de grao) e pola Complutense. Naceu en Ourense, e ó cumplir oito anos trasladouse a Lugo, onde estudiou os primeiros cursos de Bacharelato no edificio da Deputación Provincial e posteriormente no actual do Parque de Rosalía de Castro. Cursou estudos de Peritaxe Mercantil, e en 1953 rematou o Ensino Medio na Universidade de Santiago de Compostela tras ter aprobado o Exame de Estado. Está casado coa guía turística e empregada de banca berlinesa xubilada, Ruth Andratschke Brandt. Teñen dous fillos: Marco Antonio, pintor artístico, deseñador gráfico e restaurador, e Alejandro, historiador, escritor e experto en museoloxía.
Prensa e televisión:
En 1957 inicia dende Madrid, sendo estudiante de Xornalismo e Cinematografía, as súas primeiras colaboracións no diario El Progreso de Lugo, coa publicación de reportaxes e entrevistas na sección titulada “Ayer con...”. Colabora tamén noutros medios españois. En 1959 viaxa a Alemaña, e tras unha estancia de sete anos en Berlín, en marzo de 1966 regresa a Galicia. Establece a súa residencia en A Coruña onde, dende 1966 ata 1968, traballa como redactor de mesa, reporteiro e confeccionador de La Voz de Galicia e do Semanario Deportivo Riazor.
En 1968 e contratado por El Ideal Gallego. Deixa La Voz de Galicia para seguir no equipo do seu exdirector, Pedro de Llano López “Bocelo”, contratado tamén polo mesmo xornal. En El Ideal exerce as funcións de reporteiro, redactor de mesa, confeccionador, articulista, xefe de sección e redactor xefe. En 1982 asume a dirección, nunha etapa na que o diario abandona a técnica tipográfica para incorporar o offset a todo o proceso produtivo.
A mediados de abril de 1985 é contratado polo recén creado canal autonómico Televisión de Galicia. En maio viaxa a Barcelona, a perfeccionar en TV3 os seus coñecementos no campo audiovisual. En TVG exerce as responsabilidades de Xefe de Redacción e Atribucións dos Servicios Informativos. Como pioneiro deste medio, correspondelle organizar ditos Servizos baixo a direción de Luis Losada (Director Xeral do ente CRTVG), Guillermo Montes (Director-Xerente de TVG) e Luis Rodríguez Caeiro (Director de Informativos). O 24 de xulio do mesmo ano, véspera do Día de Galicia, inaugúrase TVG cunha emisión en aberto e un Telexornal con novas de actualidade. Cerra ás poucas horas da súa apertura, para reabrirse definitivamente dous meses máis tarde.
En 1988 noméano xefe do Servizo de Documentación e Arquivo do canal autonómico, co fin de reorganizalo e dixitalizar o seu contido escrito e audiovisual. Viaxa entón a Barcelona e Madrid para actualizar os seus coñecementos de arquivística en TV3 e en TVE. Ó cabo dun ano, cumplido ese obxectivo, é contratado por Alianza Popular como Xefe Rexional de Prensa do partido en Galicia, con especial adicación ó entón presidente nacional, Manuel Fraga Iribarne, e ó autonómico, Xerardo Fernández Albor. Ata mediado o ano 1990 permanece nese posto. Abandonao a petición propia e se reincorpora a TVG como Director do Departamento de Programación e Emisións, ó non estar vacante a Xefatura de Redacción de Informativos. En 1992 crea para TVG o contido dun cursiño sobre televisión destinado á formación de novos profesionais. En 1994 noméano Xefe de Prensa da Corporación de Radio Televisión de Galicia e das súas sociedades, Televisión de Galicia e Radio Galega, responsabilidade que asume ata o fin do seu traballo como xornalista por conta allea no ano 2001.
Durante a súa estadía na Coruña foi corresponsal de Ya, ABC, Agencia Logos e La Vanguardia; directivo da Asociación da Prensa en tres mandatos, da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, y da Asociación de Estudios Cooperativos creada pola Caixa de Aforros, da que tamén formaban parte Fernando González Laxe, Rodríguez Corcoba e Manuel Espiña Gamallo. Colaborador literario e gráfico da Gran Enciclopedia Gallega e da Enciclopedia Gallega Universal (EGU). Deu conferencias sobre temas de xornalismo e televisión en Galicia e no exterior. En 1983, a Sociedade Gastronómica das Rías Altas nomeouno Socio de Honra.
Escritor:
Arce colaborou en numerosas publicacións colectivas. Ademáis, é autor dos libros Conversaciones con cinco notables gallegos (Fernando González Laxe, Xosé Ramón Barreiro, Felipe Senén, maestro Groba e Ramón Núñez Centella) e Os Ancares, a serra esquecida, basado nunha serie de reportaxes dos anos sesenta sobre a vida dos habitantes da serra lucense, illados e marxinados polos poderes públicos. En 2011, a empresa Formato Producciones, da Coruña, realizou un documental de cincuenta minutos para televisión sobre o contenido deste libro. E un ano máis tarde, o Club Ancares otorgou a Arce o premio Urogallo da Comunicación, pola súa axuda ó desenvolvemento da serra e ó benestar das súas xentes.
Músico:
Dende Berlín colaborou na década dos sesenta en xornais españoles durante a chamada Guerra fría, pero por cuestións económicas necesitou alternar o xornalismo coa música (1959-1966), primeiro como guitarrista e posteriormente como batería co quinteto Sir Eduardos g’men, entre outras bandas, na dividida cidade alemana. Con este grupo de jazz e rock tocou no Eden Saloon con figuras do jazz da talla de Ella Fitzgerald, Dexter Gordon, Don Byas, Donna Hightower, Arty Shepard, Andrè Condouant e Dorothy Ellis. Ten tamén no seu haber a grabación en 1960 dun single de música popular española con Alberto Pestaña e Juanillo Alba (tres guitarras e tres voces), para a Nord Deutscher Rundfunk de Hamburgo (NDR); actuacións en bandas sonoras para series policíacas do canal de TV Sender Freies Berlín (SFB), e en programas semanais de música en vivo, co trío do destacado guitarrista Coco Schumann, na emisora de radio dese mesmo canal de televisión.
Foi membro da Unión de Músicos de Alemania (UDM) e do Sindicato Alemán de Músicos (Deutsche Musikerverband). Os seus principios como músico profesional remóntanse a 1960, en Hamburgo, onde formou parte como guitarrista e cantante do sexteto do colombiano Tito Sabal, ex-saxofonista da orquesta de Stan Kenton en Estados Unidos. Durante a súa estadía de estudiante en Madrid, nos anos cincuenta, pertenceu á Tuna de Belas Artes para a que compuxo o vals Carmiña, adicado á madriña da agrupación.
Montañeiro e espeleólogo:
Á marxe do xornalismo Arce ten unha intensa actividade nos campos da espeleoloxía e o montañismo. Promoveu e fundou a Sociedade de Montaña Ártabros (SMA) da Coruña, da que é socio de honra e ex-vicepresidente, e o Grupo de Investigacións e Prácticas Espeleolóxicas (GIPE). No seu historial de alpinista conta con ascensións en Pirineos, Picos de Europa, Guadarrama, Gredos e Serra Nevada, e fora de España nos Alpes suizos, austríacos, franceses e alemanes. Xunto con dous compañeiros coruñeses abriu en 1972 a primeira vía de ascensión con medios artificiais nunha parede vertical do Monte Xalo (Culleredo), en zona rocosa que él elixiu para realizar prácticas de ascenso en pared vertical e que hoxe está recoñecida como escola de escalada.
No campo da espeleoloxía, a Federación Galega encomendoulle en 1987 crear e dirixir a revista Furada. Con anterioridade, en 1971, obtivo en Barcelona o Premio SIES, do I Certame Nacional de Fotografía Espeleolóxica, pola foto titulada Árboles Nevados. Fíxoa en 1969 na Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo, xunto con outras fotos que recibiron unha mención de honra no mesmo certame. Foi vocal da Federación Galega de Espeleoloxía, e durante un tempo responsable de Conservación de Cavidades Subterráneas. Xunto cun reducido grupo de espeleólogos galegos contribuiu, nos anos setenta, á localización de grutas, especialmente en O Courel e noutras zonas das provincias de Lugo e Ourense. Moitas das cavidades incluidas no catálogo de covas de Galicia foron localizadas, exploradas e topografiadas durante máis de dúas décadas por Arce e compañeiros de prospeccións espeleolóxicas.