Concepción Paz Montenegro


Categoría: Pintora
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

-Estudios de arte: técnica en Serigrafía Artística (Escola de Arte Ramón Falcón, Lugo).
-Curso monográfico de fotogravado impartido por Graciela Buratti.
-Diploma de gravadora do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo.
-Membro da directiva de Artistas Plásticos de Lugo.
-Membro da Asociación Cultural ‘Valle Inclán’ de Lugo.
-Membro do Círculo das Artes de Lugo.
-Membro da Asociación de Pintores da Coruña.

 Obras realizadas

Concepción Paz levou a cabo as seguintes exposicións individuais e colectivas:
1993/2002: Círculo das Artes (Lugo).
1999/2000: A.A.P. Benéficas – Xunta de Galicia (Lugo).
1999/01: Taller Juan Prada (Lugo).
2000: Pub 'Goleta' (Lugo), Casa do Concello de Muros (A Coruña), Casco antigo de Ponferrada (León) e Xunta de Galicia (Lugo).
2001: 'Otros pintores' – Xunta de Galicia (Lugo).
2002 xuño: ‘Gravados’, Augatinta (Lugo) e A.A.P. Sala Almirante Hotel Méndez Núñez (Lugo).
2002 agosto: 'Festa da Historia' – Ribadavia (Ourense).
2002 outubro: 'Arte+Arte' (Exposición de pintura e escultura), Galería Cruz Armañá (Lugo) e Benéfica Síndrome Down, Círculo das Artes (Lugo).
2002 novembro: Benéfica 'Sociedade Protectora de Animais' – Sala Almirante Hotel Méndez Núñez (Lugo).
2002 decembro: Benéfica ASPNAIS – Xunta de Galicia (Lugo) e Colectiva, obra gráfica de pequeno formato, Augatinta (Lugo).
2003 febreiro: Exposición voluntarios Prestige, 'Macuf' Museo Fenosa (A Coruña), Exposición Marea Negra – Vilagarcía de Arousa e Xunta de Galicia (Lugo).
2003 xuño: 'Café de Pousadoiro' (Lugo) e ‘Grabado 2003’, Galería Sargadelos (Lugo).
2003 novembro: Benéfica ‘Sociedade Protectora de Animais’, Sala Almirante-Hotel Méndez Núñez, IV Exposición Colectiva da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses, Exposición Colectiva da Asociación de Pintores da Coruña e Benéfica para a ONG ‘Ancianos del Mundo’, Xunta de Galicia (Lugo).
2004 xuño: ‘Mostra Erótica’, Galería Esmelgar.
2004 decembro: Sala Riego de Agua, Asociación de Artistas da Coruña; ‘Mostra Axuda Asilo’, Sala de Exposicións da Xunta de Galicia (Lugo) e Exposición Colectiva da Asociación de Pintores da Coruña.
2005 xaneiro: Galería Amararte (Lugo).

 Outros datos de interese

A súa obra aparece recollida no catálogo da Terceira Exposición dos Artistas Plásticos Lucenses, na Guía Cultural de Artistas de Galicia 2003 e no ‘Centro Sete Mares’. Parte da súa obra está localizada en coleccións particulares (León, Lugo, Madrid, Santiago, A Coruña, Xixón e Barcelona), Galería Amararte (Lugo), Galería Sala Almirante (Lugo), Pazo da Maza (Lugo), A Nosa Terra (Lugo), Mesón do Forno (Lugo), Galería de Arte Esmelgar – Arte e Comunicación (Lugo) e Galería de Arte Quique Peñalver (Lugo).