Aurora López Santos-Casasbellas


Pseudónimo:Aurora Santos
Categoría: Pintora

   Cultura
 Currículum

Arquitecto técnico, na actualidade cursa as últimas materias de Arquitectura Superior na Coruña e participa activamente en diversos seminarios e obradoiros, como o Congreso Internacional da Asociación Española de Semiótica coa Comunicación: ‘El signo del camino’ (1992), Iniciación ó gravado, Deputación da Coruña, (2001) e Obradoiro Pablo Ruiz Picasso, Mestre: Eduardo Arroyo, Macuf, A Coruña (2003).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-2003: Exposicións de pintura en Almoneda Vila e Casa Rita (A Coruña).
-2003-2004: Exposicións de pintura en Prada a Tope (A Coruña) e Restauración Casa Solla (Pontevedra).
-2004: Exposición de pintura e madeira no Edificio da Xunta de Galicia (Lugo) e exposición de pintura, madeira e cartón no Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos da Coruña.
-2005: Exposicións de pintura e madeira na sala de exposicións do Centro Comarcal da Mariña Occidental, Xunta de Galicia (Viveiro) e no Edificio da Xunta de Galicia (Lugo) e exposición de pintura, madeira e escultura na Sala de Exposicións Sargadelos (Pontevedra).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-1993: Exposición ‘Un día en la Universidad de La Coruña’, Salvador de Madariaga.
-1994: Exposición itinerante ‘IV Concurso de Carteis Deportivos’, Deputación da Coruña e exposición ‘Arquitectura Pura y Dura’, Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña.
-2000: Exposición de pintura, Universidade da Coruña.
-2003: Exposición políptico alumnos Taller Pablo Ruiz Picasso, Mestre: Eduardo Arroyo, Macuf (A Coruña) e no Concello de Ortigueira (A Coruña).
-2004: Exposición alumnos Taller Pablo Ruiz Picasso. Mestre: Eduardo Arroyo, Mosteiro de Xagoaza, O Barco, Macuf (Ourense), VIII Mostra Unión Fenosa, Macuf (A Coruña), Exposición Alumnos Taller Pablo Ruiz Picasso: Mestre Eduardo Arroyo, Agrupación cultural Teodoro Escudero, Concello de Sahagún (León), IV Exposición de Artistas Plásticos coa Protectora de animais (Lugo), BNP PARIBAS, Exposición de pintura e madeira, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Lugo) e Colectiva de Nadal, Galería Amararte (Lugo).
-2005: Exposicións de Pintura e Madeira, Sala de exposicións do Centro Comarcal da Mariña Occidental, Xunta de Galicia, Viveiro (Lugo) e Sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Burela (Lugo).

 Outros datos de interese

A súa obra figura na Universidade da Coruña (1993), no Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña (1994), no Museo de Arte Constructivista de Málaga (2003), no Concello de Santa Marta de Ortigueira - A Coruña (2003), Xunta de Galicia (2004), Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da Coruña (2004) e Universidade de Lugo (2005).

PUBLICACIÓNS:
Catálogo ‘IV Concurso de Carteis Deportivos’, Deputación da Coruña e Catálogo ‘Arquitectura Pura y Dura’, Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña (1994) e Catálogo ‘VIII Mostra Unión Fenosa’, Macuf, A Coruña (2004).