María José López Couso


Categoría: Decana da Facultade de Filoloxía
 Currículum

É profesora titular do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC dende novembro de 1997. Ademais da súa actividade en Compostela, nos últimos anos levou a cabo tarefas docentes e de investigación nas universidades de Edimburgo, Freiburg, Glasgow, Helsinki, Xaén, Málaga, Manchester, Munich, Murcia, Vigo e University College London.

 Obras realizadas

Forma parte do grupo de investigación “Variation, Linguistic Change and Grammaticalization”, dirixido pola profesora Teresa Fanego e é investigadora principal do proxecto ‘Construcionalización e gramaticalización na lingua inglesa’ financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. A súa investigación enmárcase nos procesos de variación e cambio lingüístico na lingua inglesa, en particular nos procesos de gramaticalización, construcionalización, e (inter)subxectivización en ámbitos como os marcadores do discurso, as construcións existenciais e a complementación clausal. Sobre estes temas publicou artigos nas revistas English Language and Linguistics, Neuphilologische Mitteilungen, Folia Linguistica, Journal of English Linguistics ou Folia Linguistica Historica.

É tamén coeditora dos volumes English historical syntax and morphology (2002), Rethinking grammaticalization: New perspectives (2008), Theoretical and empirical issues in grammaticalization (2008) e Information structure and syntactic change in the history of English (2012).

 Outros datos de interese

Ocupou cargos de responsabilidade en varias asociacións nacionais e internacionais no ámbito da lingüística como o International Computer Archive of Modern and Medieval English, a Asociación Española de Estudios Anglo-Norteamericanos, a Asociación Española de Lingüística Aplicada e a Asociación Española de Lingüística de Corpus, e forma parte do comité editorial de revistas da especialidade como Folia Linguistica ou Atlantis, entre outras.