Jesús Casás Otero


Categoría: Profesor e crego
Lugar de Nacemento: Cangas de Morrazo (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou a carreira sacerdotal no Seminario Diocesano de Tui e no Hispano-Americano de Madrid. En 1959 ordenouse de sacerdote en Vigo e exerceu o seu ministerio sacerdotal en varias parroquias da diocese de Tui-Vigo. Desde 1965 ata 1995 estivo exercendo como capelán militar nas Forzas Armadas. Ó pasar á reserva, coa graduación de coronel capelán, fixou a súa residencia en Vigo, onde lle chegou a situación de retiro o 17 de febreiro de 1999. Posúe, ademáis, os títulos académicos de doutor en Teoloxía pola Facultade de Teoloxía de Cataluña e licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid (Especialidade en Historia da Arte). Na actualidade é director do Museo Diocesano de Tui, profesor de Teoloxía no Seminario Diocesano e profesor de Historia da Igrexa no Instituto Teolóxico “San Agustín”. Tamén foi nomeado cóengo da S.I. Catedral de Tui-Vigo, onde continúa o seu ministerio.

 Obras realizadas

É autor dalgúns libros como Estudio histórico-artístico de Tacoronte (a súa tesiña en Historia da Arte), Estética y culto iconográfico (tese de doutoramento de Teoloxía), Camarón y la época goyesca e outras cooperacións en libros, revistas e cadernos.

 Outros datos de interese

Foi condecorado coas dúas Cruces do Mérito Militar con distintivo branco (apartados a e b), distintivo da provincia de Ifni coa adición dunha barra azul e Cruz, Encomenda e Praca da Real e Militar Orde de San Hermenexildo.