Antonio Taboada Ferradás


Pseudónimo:Willi
Categoría: Pintor e escultor
Data de Nacemento: en 1962
Lugar de Nacemento: Botos (Lalín)
 Obras realizadas

Entre as súas exposicións individuais podemos destacar: Entre Cidades (Lalín-Florencia), Museo "Ramón Mª Aller, (Lalín - Pontevedra, 1997); "Diálogo con lo Spacio", Librería Utopía, (Florencia, 1996); "La Luce e l'ombre", Centro de Arte Contemporánea Allegri Art. (Florencia, 1996); Casa das Artes (Vigo, 1994); Museo Provincial "Ramón Mª Aller (Lalín, 1990); Galería Sargadelos, (Santiago de Compostela, 1990) e Galería Bacabú (Lugo, 2000). Realizou as seguintes exposicións colectivas: Fundación Celta de Vigo (Vigo, 1998); Sala de Arte Contemporáneo, Bagneaux (París, 1997); Bienal Laxeiro, Museo Provincial "Ramón Mª Aller", (Lalín, 1993-95, 97); "Nórdicos", Centro Cultural la Elipa, (Madrid, 1995); "Artistas de Deza" Casa da Parra (Xunta de Galicia 1993); "Trienal Latina", Viana do Castelo (Portugal, 1992); "Sommerspielaktion" Gladbek (Alemaña, 1991) e VIII - IX Bienal de Pontevedra (1988-89).

 Outros datos de interese

Acadou os seguintes premios e bolsas: 1º accésit no XX premio de minicuadros "Cidade de Elda" (Alacante, 1999); Bolsa de creación artística na cidade de Florencia (Concello de Lalín na II Bienal "Pintor Laxeiro", 1995); 1º premio na Trienal Latina en Viana do Castelo (Portugal, 1992); 2º premio no II Simposio de Escultura Concello de O Grove (Pontevedra, 1991); 1º Premio no Certame de Artes Plásticas Xuventude 90 (Xunta de Galicia, 1990); Accésit no I Simposio de Escultura Concello de O Grove (Pontevedra, 1990); 2º premio na XVIII Bienal de Arte "Meigas e Trasgos" en Sarria (Lugo, 1989) e bolsa de Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra (1989). Tamén interveu nun recital músico-escultórico na IV Forxa Literaria na Fundación "A Solaina" de Piloño (1999), no Obradoiro de Fundición en Bronce na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1998), no Obradoiro de Escultura con Sergi Aguilar na Fundación "Marcelino Botín" en Santander (1996), no Físico debate no Convento dos Carmelitas en Salamanca (1994) e na I Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas na Fundación "A Solaina" de Piloño.