Antonio Rodríguez Reixa


Pseudónimo:Antón Reixa
Categoría: Realizador, director e guionista de vídeo, TV e cine e escritor
Data de Nacemento: 17 de abril de 1957
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filoloxía, foi letrista e cantante do grupo “Os Resentidos” (1982-94) e organizador e director de eventos musicais como “Galicia Beibe” (Santiago, 1999) e o XVI Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, 2000). Iniciou a súa andadura escribindo poesía desde o grupo de comunicación “Rompente”. Dirixiu e presentou programas de radio en Radio Voz e Onda Cero e foi columnista nos xornais La Voz de Galicia, Diario 16 e El Dominical (El Periódico de Cataluña). Polo que respecta á súa actividade como director e guionista, realizou máis de sesenta videoclips desde a súa compañía “Videoesquimal”, presentou e dirixiu o programa da TVG “Sitio Distinto” e puxo en marcha o concurso “Supermartes”. Foi colaborador habitual do programa “Moros e Cristianos” e “De domingo a domingo” de T5 e tamén foi o creador, productor executivo e director das teleseries da TVG “Mareas Vivas” e “Galicia Express”.

 Obras realizadas

POESÍA: Silabario da turbina, As ladillas do travesti, Viva Galicia beibe, Ringo rango, Fóra as vosas suxas mans de Manoel Antonio e A dama que fala. NARRATIVA: Transporte de superficie. TEATRO: Gulliver FM, Doberman, After shave, La cabina 16, El silencio de la xigulas y Cerveau Cabossé 2. King Kong Fire. LIBRO CD-ROM: Escarnio. VIDEOCREACIÓN: Salvamento e socorrismo, Chove contra pasado, Electra, Episodios familiares, Ecos de amor, Nordesía, Cuota de pantalla (CGAC), Estarán viv@as? Serán de pedra? (Canal +). PRODUCCIÓN CINEMATOGRÁFICA: coproductor de El río tiene manos (curtametraxe dirixida por Beatriz del Monte), productor asociado da longametraxe Lena (dirixida por G. Tapia, 2001), guionista, productor ejxcutivo e director de O lapis do carpinteiro (2002), coproductor de Ciclo (curtametraxe) e Descongélate. Como actor, participou nas longametraxes Lena, Canícula e Érase outra vez.

 Outros datos de interese

Actualmente preside a compañía Filmanova (www.filmanova.com), un grupo audiovisual de producción de cine, TV e publicidade. A compañía conta no seu accionariado con Caixanova, Banco Gallego e once investidores privados que a converten nunha das máis importantes productoras do Estado.