Fernando Villapol Parapar


Pseudónimo:Villapol
Categoría: Escultor e xornalista
Data de Nacemento: 26 de febreiro de 1952
Lugar de Nacemento: San Tirso de Abres (Asturias)

   Cultura
 Currículum

Afincado en Bretoña (Lugo) desde 1975 é escultor autodidacta e completa a formación técnica na Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Con afán de investigación artística viaxou por España, Europa, América e África. Realizou exposicións individuais e colectivas en Fonsagrada, Sarria, Guitiriz, Asturias, Ribadeo, Rábade, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. Colabora en programas de TV e en prensa con diversas publicacións.

 Obras realizadas

Esculturas ó aire libre: -En mármore "Homenaxe a un Bretón desaparecido", no campo de San Cosme, Bretoña (Lugo). -En mármore "Homenaxe á Pedagoxía", no Colexio público de Bretoña (Lugo). -En castiñeiro "Contemplade", no Mirador de Murias (Fonsagrada). Participou como relator en conferencias no Pazo de Bendaña (Santiago de Compostela) e en diversos colexios públicos.

 Outros datos de interese

Cofundador da Sala de exposicións "Bacabú" de Lugo. Fundador do Muíño Pedagóxico Villapol de Bretoña (Lugo). En 30 anos de investigación dedicouse durante 25 anos á escultura e conseguiu fundir investigación, arte, creación, expresión e cultura. Conseguiu o premio de escultura no segundo certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo en 1994. Foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia para unha exposición itinerante polas catro provincias Galegas.