Antonio Quesada Porto


Categoría: Pintor, serígrafo
Data de Nacemento: 14 de xuño de 1932 (26 de xaneiro de 2015)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Paisaxista conceptual de ensoñacións abstractivas de exquisita factura.

Membro integrante do grupo Ourensán "Os Artistiñas" que, tutelado polo escritor Vicente Risco, conmocionou a arte galega na década dos 60.

Foi un dos paisaxistas máis definido da pintura galega e un dos grandes nomes consolidados no panorama plástico español.

Obtivo as Medallas de Ouro e Prata da Bienal de Arte de Pontevedra.

Gran Premio "Tajo" da "II Bienal Internacional do Tajo" (Toledo).

Premio Especial da "I Bienal Nacional de Pintura" (Zamora).

Medalla da "I Trienal Nacional de Belas Artes" (Santiago).

Premio "Quiñones de León" do Certame "Rías Baixas" do Fondo de Arte Castellblanch.

Premio "Arte Xoven" de Galicia (A Coruña)...

 Obras realizadas

Participou nas extinguidas "Exposicións Nacionais de Belas Artes" e finalista no "Premio Nacional de Pintura".

Fixo exposicións en Francia, Suecia, USA e Portugal, así como nas principais cidades Españolas.

Foi distinguido coa Exposición Antolóxica do Ciclo "Grandes Artistas Galegos" (Vigo), Exposición Antolóxica en Caixa Ourense, Exposición Homenaxe no Museo Municipal de Ourense, "Galicia, Terra Única" e "Espello do Interior" (Xunta de Galicia).

A súa obra atópase nos máis destacados museos e pinacotecas galegas:

- Museo Quiñones de León (8 obras).

- Museo de Pontevedra-Diputación.

- Museo do Pobo Galego-Concello (Santiago).

- Museo da Coruña. Museo "Bello Piñeiro" (Ferrol).

- Museo de Ourense (2 obras).

- Museo de Toledo- Concello. - Colección Caixa Nova (20 obras).

- Colección Zona Franca de Vigo (6 obras).

- Coleccións en EE.UU., Universidade de Estocolmo e Sindicatos Suecos, entre outras.

 Outros datos de interese

Foi designado en 1981 membro do comité asesor que baixo o patrocinio de Caixa Vigo e tras dous anos de investigacións dá por resultado a trintena de exposicións que reúnen ó máis extenso corpus plástico de Galicia e o libro Plástica Galega.

Foi i mpulsor do futuro Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.

Asesor de Honra da Presidencia do Museo Quiñones de León-Castrelos de Vigo, e membro do seu Padroado desde 1982.