Realizou o bacharelato en Lugo e estudou en Santiago de Compostela, onde se diplomou.
Conta no seu haber coa asistencia a máis de vinte cursiños e tres Congresos de Lingua Castelá.
Profesor titular de F.P. por oposición restrinxida realizada o 23 de xullo de 1976 para a materia de Lingua e Literatura Castelá do IES As Mercedes de Lugo (proba realizada en Madrid).
Como investigador realizou os traballos: “Historia de la moneda nacional”, “Literatura con riesgo de carácter científico en las obras de Julio Verne”, “Villabad no tuvo Abad pero sí Abadía”, “La Toponimia de Castroverde” e dúas Necroloxías.
É autor e editor de "El deseo de desaparecer" o Psicastenia en formas extrañas.
A súa ambición foi sempre transmitir coñecementos literarios.
Ó falar sobre a nenez ten que facelo a través de tempo pasado, non da sensación dun cando é neno.
Dispón dunha pequena biblioteca con algún libro de consulta, bastantes de lectura e moitos apuntes de lingua e literatura.
Ama a cidade de Lugo, onde reside, pola que sinte morriña, cada época da historia dunha cidade ten a súa graza, o seu encanto, o seu valor, e unha beleza que a fai diferente ás demais, é igual que a vida dos homes, cada etapa da súa vida ten o seu encantamento.
Reside en Lugo na rúa dedicada ó autor da “Memoria sobre el origen y relaciones de la Economía Política”, o político e xurista español, fundador do xornal La Opinión Pública, o progresista compostelán don Eugenio Montero Ríos.