Antonio Mera Varela


Categoría: Médico
Data de Nacemento: 11 de abril de 1956
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1979 e conseguiu o título de doutor na mesma universidade en 1990. Foi médico reumatólogo no Hospital Juan Canalejo (1980-84), médico reumatólogo no Hospital Clínico de Santiago (1986-93), xefe de sección de Reumatoloxía do Hospital Clínico de Santiago e profesor asociado de Reumatoloxía na Facultade de Medicina de Santiago.

 Obras realizadas

É autor do libro Reumatismos extrarticulares (Ed. Masson), autor ou coautor de máis de 50 artigos en revistas médicas e de máis de 100 comunicacións en congresos científicos.

 Outros datos de interese

É ex-presidente da Sociedade Galega de Reumatoloxía.