Honorato López Isla


Categoría: Vicepresidente Primeiro e Conselleiro Delegado de Unión Fenosa.
Data de Nacemento: En 1947
Lugar de Nacemento: Santa Cruz de O Bolo (Ourense)
 Currículum

Enxeñeiro de Camiño, Canles e Portos pola Escola Técnica Superior de Madrid, e graduado en Alta Dirección (PDG) polo IESE.

 Obras realizadas

Vinculado a Unión Fenosa desde 1972, foi Subdirector Xeral das Áreas de Sistemas de Información, Telecomunicacións e Secretaría Técnica sendo o principal impulsor dos Sistemas de Información da empresa e da súa expansión internacional. En xullo de 1994 accedeu, como vogar, ó Consello de Administración da empresa, sendo posteriormente nomeado Conselleiro Delegado de Unión Fenosa Distribución, S.A.

O 3 de abril de 2002 foi nomeado Conselleiro Delegado de Unión Fenosa, cargo ó que se engade o de Vicepresidente Primeiro por decisión do Consello de Administración desde maio de 2002, desempeñando este cargo ata o 23 de abril de 2009, data na que pasou a ser nomeado Vicepresidente e membro do Consello de Administración e da Comisión Executiva de Indra ata xuño de 2009.

Dende xaneiro de 2010 é Presidente da empresa Smartener S.L.

López Isla é Presidente de R (Operadora de Telecomunicacións por Cable de Galicia) e membro do Consello de Administración de Indra, así como das Comisións Executiva e de Auditoría desta multinacional tecnolóxica. É Presidente da APD (Asociación para o Progreso da Dirección) da Zona Noroeste e membro do padroado da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, na que á súa vez participa como director do Comité de Investigación e Coñecemento. Membro do Círculo de Empresarios, a cuxo Comité de Enerxía pertence, e forma parte do Observatorio Empresarial de Latinoamérica.

 Outros datos de interese

No apartado cultural, é Vicepresidente da Colección de Arte Contemporánea Patio Herreriano e do Padroado dos Activos Culturais de Unión Fenosa ata xuño de 2009.