Licenciado en Ciencias Físicas.
Catedrático de ensinanza secundaria, especialidade de física e química.
Na actualidade é xefe de departamento de Física e Química.
Promoveu e construiu un Planetario no Instituto como recurso didáctico interdisciplinar en colaboración co concello de Monforte a través da súa escola taller. Dentro do planetario e dende 1993 veñen impartíndose sesións de astronomía coa finalidade de divulgar esta ciencia no entorno escolar. É visitado, asiduamente polos grupos que o desexen previa cita. Desde 1989 e colaborando coa Axencia estatal de Meteoroloxía, recollen datos diariamente visualizables na páxina web mencionada. A estación, como no caso do planetario busca educar nos procedementos da ciencia e divulga-la meteoroloxía no entorno escolar.
PUBLICACIÓNS
Páxina web: www.miraralcielo.com
Libro: Clima y suelos de Monforte (Coautor).
Libro: Apuntes de Física 2º BAC.
CD ROM: No interior do planetario.
Publicacións en revistas de ENCIGA, do CIDE (Centro de investigación e documentación Educativas) (MEC).
Libros de actas dos congresos.
Máis de 220 horas como poñente en cursos da Universidade de Vigo, UNED, MEC e os centros de formación de profesores das comunidades de Madrid, Lugo, A Coruña, Santiago, Albacete, Cuenca Cartagena, Melilla, Toledo, Barcelona e Pamplona. Poñente en varios congresos de ENCIGA. Poñente en congresos da UNED Madrid (VI e VII Congresos de Didáctica da Física). Poñente en reunión internacional de expertos en Medioambiente (Santiago 2000).
PREMIOS: III Premio nacional de innovación educativa X edición Francisco Giner de los Ríos sobre a construción dun planetario nun centro de ensinanza como recurso didáctico interdisciplinar. Premio de estudios locais sobre o clima e os solos de Monforte. Coordinador do programa Globe (Global Learning and Observations to Benefit to Enviroment). Avanced Trainer for the Globe (Buenos Aires, 2000). School Star por ser das primeiras escolas de España en aporte de datos ó programa medioambiental Globe. Coordinador Plan Valora, durante o curso 07-08 do IES A Pinguela. Coordinador no instituto do proxecto mediambiental Climántica.