Antonio Iglesias Álvarez


Categoría: Musicólogo, compositor e pianista.
Data de Nacemento: 1 de Outubro de 1918
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Realizou concertos por diversas cidades de Europa, América, África, obtendo brillantes éxitos de público e crítica. Como pedagogo, o seu labor exténdese desde Madrid a Tokio (Master Classes) así como por máis de trinta libros que, en particular, analizan a pianística dos nosos grandes mestres: Oscar Esplá, Joaquín Rodrigo, Federico Mompou, Rodolfo Halffter, Manuel de Falla, Isaac Albéniz, Enrique Granados, Joaquín Granados, Joaquín Turina, entre outros volumes de diversa índole. Creou ciclos da Importancia das "Semanas de Música Religiosa" de Cuenca e o seu instituto, dos que foi moitos anos director, como tamén o foi dos Cursos Internacionais "Manuel de Falla", do Festival de Música y Danza, de Granada. Profesor-Fundador dos Cursos Universitario Internacionais, "Música en Compostela", que dirixe dende hai cinco lustros.

 Obras realizadas

-Durante longos anos, asesorou tecnicamente á Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Educación e Ciencia (Subcomisario Técnico de Música), creando personalísimos ciclos de concertos por toda España e fortalecendo a vida musical dos seus pobos. -Asesora musicalmente a diversas entidades, como ós Cursos de Verán do Escorial, da Universidade Complutense de Madrid.

 Outros datos de interese

-Membro Numerario da Real Academia de Belas Artes de S.Fernando (Madrid) da que é o seu actual Secretario Xeral, é así mesmo Correspondente da Galega e da de Belas Artes (A Coruña), da de St.Jordi (Barcelona), Sta. Isabel de Hungría (Sevilla), S.Quircé (Segovia), Ntra. Sra. de las Angustias (Granada). -Medalla de Honor 1999, así como Numerario da de San Dámaso (Madrid). -En posesión de varias condecoracións españolas e estranxeiras, poden destacarse a de Officier de l'Ordre des Arts et Lettres (Francia) ou a do Rei Balduino, (Bélxica). -Crítico musical do diario "ABC" de Madrid na actualidade, foino durante longos anos do desaparecido "Informaciones" madrileño.- Fillo predilecto da Cidade de Ourense -Fillo Adoptivo con Medalla de Ouro ó Mérito Artístico de Santiago de Compostela.