Antonio Gandoy Díaz


Categoría: Crego
Data de Nacemento: 7 de xullo de 1930 (†11 de febreiro de 2002)
Lugar de Nacemento: As Pedreiras, San Fiz (Lugo)
 Currículum

En 1942 ingresa na antiga escola de traballo obtendo o título de carpinteiro ebanista. Cinco anos máis tarde, en 1947, súmase a un grupo de xoves traballadores que están fundando a JOAC (un grupo de acción católica) en Lugo. En 1950 ingresa no Seminario de Lugo, sendo ordenado sacerdote en 1961. Ese mesmo ano é nomeado sacerdote-coadxutor da parroquia de San Francisco Javier, atendendo tamén o culto na Igrexa de San Fiz. En 1974 é elixido secretario de acción rexional de Cáritas e en 1985, o bispo de Lugo nomeouno delegado de Cáritas.

 Obras realizadas

En 1956 participa na creación do grupo "Jesús Obrero", movemento que tiña como obxectivo o coñecemento e a sensibilización da problemática obreira. Como secretario de acción rexional de Cáritas, promove a recuperación dos montes veciñais en man común, o servicio de tempo libre, a rehabilitación de alcohólicos, a atención á terceira idade, especialmente co servicio de axuda no fogar, así como a atención a emigrantes. En 1977 inicia "Preescolar na Casa, Educación Infantil Familiar", un programa educativo vangardista dirixido ás familias do medio rural galego que teñen nenos de 0 a 6 anos.

 Outros datos de interese

En 1990 foi nomeado "Lucense do ano" e en 1995 o Ministerio de Asuntos Sociais concedeulle a Cruz de Prata da Solidariedade Social. A cidade de Lugo, como recoñecemento ó seu labor social, púxolle o seu nome ó centro de Día de Atención a Maiores (de recente inauguración). Como coordinador de "Preescolar na Casa, Educación Infantil Familiar", e pola súa labor desempeñada dentro deste colectivo, recibiu o premio "Infancine-94". En 1995 recibiu o premio "Moncho Valcárcel". Tamén recibiu o prestixioso premio "Infancia", o de Iniciativas Culturais, o Premio "Lobo de Cinema", o "Irmandade do Libro", entre outros moitos. www.preescolarnacasa.org