José Guerra Campos


Categoría: Bispo e escritor
Data de Nacemento: En 1920 (†15 de xullo de 1997)
Lugar de Nacemento: Ames-A Coruña
 Currículum

Ingresa no seminario de Santiago e é ordenado cura en 1944 en Lugo. Licénciase en Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca e cursa estudios na Universidade Gregoriana de Roma. No seminario de Santiago foi profesor de Teoloxía, Introducción ós Evanxeos e Historia da Filosofía. Tamén deu clases no Instituto de Cultura Relixiosa Superior e nas facultades de Medicina e Farmacia. Dirixiu o boletín "Compostela" da Archiconfraría do Apóstolo Santiago, foi membro do Instituto de Estudios Galegos Pai Sarmiento e do Centro de Estudios Xacobeos, secretario das Xuntas dos Anos Santos e consultor do Episcopado Español nas escavacións arqueolóxicas da catedral. En 1964 é nomeado bispo titular de Mutis e auxiliar de Madrid-Alcalá. Participou nas sesións do Concilio Vaticano II (con intervención na constitución Gaudium et Spes). En 1973 foi nomeado procurador en Cortes e bispo de Cuenca.

 Obras realizadas

A súa Guía de la Catedral é unha obra aínda non superada. Outras obras súas de tema xacobeo son: Bibliografía de las Peregrinaciones (1947), Una hipótesis reciente sobre la traslación de Santiago (1953), La Perenette y el Camino de Santiago (1955), El descubrimiento del cuerpo de Santiago en Compostela (1956), Relicario de la Iglesia Católica de Santiago (1959), El Sepulcro de Santiago (1975),... Entre as que tratan temas non xacobeos podemos destacar: Juicio católico del marxismo (1969), Aspectos teológicos de la conquista del espacio (1970), La monarquía católica (1976), Ateísmo hoy (1971),...

 Outros datos de interese

Foi secretario da Conferencia Episcopal Española, presidente da Comisión Española da Infancia, presidente da Comisión Católica Española da Infancia, etc.