Alex Sampayo


Data de Nacemento: En 1978
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

IMDB
 Currículum

Director, realizador e guionista. Traballou en distintas áreas de publicidade, televisión, teatro e longametraxes como “13 Badaladas”, “El Regalo de Silvia” ou “La Promesa”.

No ano 2000 escribe e dirixe a súa primeira curtametraxe, “Alzheimer” (Ciudadano Frame), traballo que estivo presente en medio cento de festivais internacionais, conseguindo media ducia de premios e mencións. A esta primeira seguírona “Las Rubias los Prefieren Caballeros” (Vaca Films, 2001), a primeira curta rodada en Galicia con sistema HD. “Bobo Furcia” (Ciudadano Frame, 2002) e “La Buena Caligrafía” (Ciudadano Frame, 2004), película que percorreu máis de cen festivais logrando máis de trinta premios por todo o mundo (Xapón, Albania, Arxentina…).

Nos últimos anos dirixiu varias tempadas de series de televisión e a película para televisión “El Espejo”, coproducida por Continental Producciones e Oberón Cinematográfica e recentemente a exitosa serie de misterio emitida por Antena 3 “El Internado” (Globomedia).

Na actualidade está a piques de estrenar a longametraxe “Schimbare” (Ficción Producciones) labor que compaxina co desenvolvemento de diversos proxectos para cine, televisión e sobre todo teatro coa súa compañía Redrum Producciones.

 Obras realizadas

CINE

2014. Schimbare. Director – Guionista. Longametraxe.

2010. Un Día Normal. Director – Guionista - Produtor. Curtametraxe.

2010. A Residencia. Director – Guionista - Produtor. Curtametraxe.

2004. La Buena Caligrafía. Director – Guionista. Curtametraxe.

2002. Bobo Furcia. Director – Guionista. Curtametraxe.

2002. Las Rubias los Prefieren Caballeros. Director. Curtametraxe.

2000. Alzheimer. Director – Guionista. Curtametraxe.

 

TV

2015. Hospital Real. Director da 2ª Unidade. Serie de Televisión (1ª tempada).

2013. Tutu. Realizador. Serie de animación (13 episodios).

2012-2013. Escoba. Realizador. Serie de televisión (89 episodios).

2008. El Internado. Director. Serie de televisión (4ª tempada).

2008. Padre Casares. Director – Realizador. Serie de televisión (3ª tempada).

2007. El Espejo. Director e colaborador no guión. Película para televisión.

2007. Valderrei. Director – Realizador. Serie de televisión (35 episodios).

2005-2006. Terra de Miranda. Director – Realizador. Serie de Televisión (18 episodios).

 

TEATRO

2014. Noiteboa. Produtor, director e dramaturgo.

2014. Roedores. Produtor, director e dramaturgo.

2014. Amor Flexible. Produtor, director e dramaturgo.

2012. Curriculum Vitae. Director – Produtor.

2011. Moito Conto. Director – Produtor.

2009. A Pensión. Produtor, director e dramaturgo.