Estudiou Latín e Humanidades en Santiago e Maxisterio en Madrid. Foi inspector de Educación Primaria. Contribuíu á difusión la lingua galega con publicacións en distintos periódicos da época e foi un dos primeiros que falou da necesidade de crear unha academia.
Xunto co seu irmán Francisco creou a revista Galicia. Revista Universal de este reino, dirixida por el mesmo. Nela publicou os seus traballos máis importantes: Reseña stórica de Galicia (1861) e Diccionario gallego-castellano (1863).