Empezou traballando como Mestre Nacional, exercendo en varios pobos de Ourense. En 1966 marcha ós Estados Unidos como profesor de español. Obtivo un máster en Filosofía (Universidade de Yale, 1974) e o título de doutor en linguas románicas (Universidade de Yale, 1975). Traballou nas universidades de Columbia (Nova Iorque), Urbana-Champaign (Illinois) e Brown. Foi tamén profesor visitante noutras universidades europeas e hispanoamericanas. Os campos de investigación e estudio que abarcou son principalmente o Século de Ouro, a literatura española contemporánea e a literatura galega (con ensaios sobre Rosalía, Celso Emilio Ferreiro e Blanco Amor). Estudiou tamén Os Lusiadas de Camõens e ó poeta portugués Fernando Pessoa.
Publicou libros sobre os seus estudios, destacando: El romancero lírico de Lope de Vega, La dialéctica de la identidad en la literatura contemporánea (Editorial Gredos, Madrid, 1982). Editou os libros de Lope de Vega El castigo sin venganza, Poesía selecta, Pastores de Belén, Rimas, Rimas humanas y divinas de Tomé de Burguillos, Las novelas a Marciala Leonarda, a poesía completa de Lope, El perro del hortelano e Romances de Luís de Góngora. Contribúe asiduamente con ensaios e reseñas críticas en revistas de Filoloxía Hispánica (Hispanic Review, Revista de Filología Española, Bulletin of Spanish Studies, Insula, Thesaurus).
Entre as distincións que recibiu destacan o premio Ramón Menéndez Pidal da Real Academia Española, a Encomenda da Reina Isabel a Católica, o nomeamento de Cabaleiro da Orde da Vieira e a elección de presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Durante dous trienios foi nomeado vicepresidente da Asociación Internacional de Hispanistas, exercendo como director do departamento de Estudios Hispánicos da Universidade de Brown. Deu conferencias nas máis importantes universidades europeas e americanas e foi bolseiro de importantes fundacións americanas e españolas.