Carlos Alija Villanueva


Categoría: Publicista
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É director creativo en Wieden + Kennedy Londres, unha das axencias de comunicación de referencia do mundo. Previamente residiu dous anos en Sydney, onde dirixiu a creatividade da icónica axencia australiana BMF Advertising. Carlos Alija desenvolveu a súa carreira profesional en Young&Rubican, Casadevall & Pedreño, Tiempo BBDO e durante seis anos en Señora Rushmore, elixida a axencia española de publicidade da década.

O seu traballo foi recoñecido en numerosos festivais internacionais e locais, como Cannes Lions, The One show, D&AD, Clio, NY Festivals, Caples, Effies, El Sol, FIAP, CDEC, etc, incluíndo dous premios ONDAS consecutivos.