Antonio Borrallo Arijón


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1944
Lugar de Nacemento: Laracha (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Nace en Laracha en 1944, e en 1958 trasládase a A Coruña.
Compaxina os estudos de debuxo na Escola de artes e oficios co seu traballo de pintor de carteis de cine para o teatro Colón, Cine Coruña e Cine Avenida.
En 1962 trasládase a París onde reside ata 1971.
Actualmente reside en Sada onde desenvolve a súa diaria laboura de pintor e escritor.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:
En xaneiro de 1989, expón parte da súa obra, en Lugo, na sala de arte do Banco Galego. J.Trapero Pardo, crítico de Arte, dí del en “El progreso”: contemplando a serie de cadros que J.A. Borrallo expón na Sala de Arte do Banco Galego, é fácil apreciar o seu coñecemento dos mestres da pintura e as influencias deles recibidas (...) Borrallo estudia a paisaxe con diversas técnicas. Pero o seu dominio do tema está resumido en (...), perfecto de composición e execución, ofrecendo un claro contraste coa técnica e máxima simplicidade de liña e cor...)”.
En abril do mesmo ano 1989 expón na sala do BBV en Betanzos.
En agosto de 1989 na sala de Arte do Hércules coruñés.
En novembro de 1989 na sala de Arte do BBV en Ferrol.

OBRA EN:
Parte da súa obra pode visitarse diariamente en Tekaoba (Ronda de Outeiro, 320, A Coruña). O resto atópase en coleccións privadas: Entidades bancarias, institucións estatais e coleccionistas particulares.
A obra de Borrallo tamén está presente nas guías culturais "Artistas de Galicia", que cada ano publica a Xunta de Galicia.