Fundou a primeira empresa cárnica en Galicia despois da Guerra Civil chamada “Industrias Abella”. Con dezaoito anos emigrou a Arxentina, onde traballou como corredor de comercio. En 1917 regresou a España e nove anos despois casou con Justa Ramallo Naya. Durante os anos trinta trasladouse á Coruña, dedicándose ó comercio de fariña.