Roberto Gómez Fernández


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 31 de marzo de 1962
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

FORMACIÓN ARTÍSTICA: Conservatorio de música e declamación da Coruña. 4 cursos: Ortofonía e dicción, Interpretación I e II, Declamación I e II e Improvisación I e II.
Literatura dramática.
Curso de ortofonía dirixido por Jesús Aladrén.
Curso de dobraxe en ‘Estudio 1’ da Coruña.
Curso de interpretación e improvisación por 'Danthea Escola de Teatro'.
1º y 2º curso de ‘Pedagoxía teatral’.
Curso de radio-locución impartido por ‘10D10’ (Concello de Carral).
Curso de voz para actores impartido por Marta Pinillos (2006)

 Obras realizadas

Participou na I Experiencia teatral do colectivo ‘Luis Seoane’ cos directores Manuel Lourenzo e Miguel Pernas. Na compañía ‘Nito’ participou en: ‘De María Pita al Casón pasando por la moción’ (1988); ‘Paco Vázquez adicto a la heroína’ (1989); ‘La leyenda del huevo’ (1992); ‘Xacobeo, beo, beo; qué ves: despois do 92 chegou o 93’ (1993); ‘Apropósito de una década y sus antecedentes joviales’ (1994) e ‘Xa che dixen bifor que non te asomaras a la juidous 95’ (1996/2004).
Como membro da compañía de teatro da agrupación ‘O Facho’ participou en: ‘Xan Barallocas’ (1990) e ‘Anxélica ás portas do ceo’ (1990). Tamén actuou nas obras ‘La venganza de Don Mendo’ (1989, Compañía do Casino da Coruña) e ‘Don Juan Tenorio’ (1993, 1994 e 1995, Compañía José Zorrilla).
Foi o fundador e director do grupo de teatro ‘Sal-Monela’ co que representou as seguintes obras: ‘Una noche de primavera sin sueño’ (1992), ‘La zapatera prodigiosa’ (1993), ‘Musicalísimo’ (1993), ‘Maribel y la extraña familia’ (1994-1995), ‘El tintero’ (1998-1999) e ‘La importancia de llamarse Ernesto’ (2000). Participou coa obra ‘Madre coraxe’ na Semana de Teatro Universitario de 1996.
Ten participado nas seguintes películas: ‘Idea Original’ (2000, curtametraxe); ‘Mal de Altura’ (2001, curtametraxe); ‘Bobo Furcia’ (2003, curtametraxe); ‘Hotel Danubio’ (2003, longametraxe); ‘Cota Roja’ (2004, telemovie) e ‘Somne, el que sueña’ (2005). Participou nos seguintes programas de televisión: ‘Fatal, Fatal’; ‘Tele-Vivenda’; ‘Mareas Vivas’ (2000); ‘Televisión Total’ (2000); ‘Rías Baixas‘ (2002-2005); ‘Pequeño Hotel’ (2002-2003); ‘Avenida América’ (2002-2003); ‘Terra de Miranda’ (2004-2005); ‘Luar’ (2003-2004); ‘Os Tonechos’ (20 especiais de televisión, 2004–2005); ‘O Show dos Tonechos’ (2005-2006); Concerto das Estrelas. Xacobeo 2004 (Sketchs humorísticos); ‘El Comisario’ (Temporada 2006, Tele 5); ‘Hospital Central’ (Temporada 2006-2007) e ‘O Show dos Tonechos’ (Temporada 2006/2007).

 Outros datos de interese

Participou en diversos anuncios publicitarios e campañas de publicidade en Galicia. Entre 1989 e 1994 traballou como dobrador profesional. Conduciu o programa-magazine: ‘Conflicto de intereses’ en Carral Radio (2004-2005).