Antón Baamonde


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1959
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Naceu nunha familia de certa impronta galeguista -o seu avó foi fundador da Irmandade da Fala local-, estudou o bacharelato no Instituto da súa vila natal e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Case neno pasou a formar parte da oposición ao franquismo e máis tarde destacou na esquerda galeguista. Actualmente é profesor de Filosofía de Instituto.

 Obras realizadas

Autor dunha obra xa considerable, no que o literario e o filosófico se funden, Baamonde colabora de modo habitual na prensa galega, tanto en xornais (La Voz de Galicia, La Opinión e El País) como en revistas (Luzes de Galicia e Grial), e outros medios de comunicación (Radio Galega). Antón Baamonde está considerado a pluma máis orixinal e valiosa do ensaísmo galego actual.

 

LIBROS PUBLICADOS:

En favor da esperanza. Sada: Ed. do Castro, 1987.

O marxismo e as linguaxes. Vigo: Galaxia,1989.

Sobre o tempo e outros desatinos. Vigo: Galaxia, 1990.

A rosa sen porqué. Vigo: Galaxia, 1997.

El laberinto y sus salidas. Madrid: Tecnos, 1998.

La reinvención de España: una radiografía de la España de hoy. Barcelona: Ronsel, 2001.

La rosa sin por qué. Valencia: Pre-textos, 2001.

Aire para respirar. Vigo: Edicións Xerais, 2002.

A Derrota de Galicia. Ed. Xerais.2012

 

LIBROS COLECTIVOS:

“Tres panfletos (im) pertinentes”, en Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista, de Xaquín F. Leiceaga, Antón Baamonde, Bieito Iglesias e Rafael Martínez Castro. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1990.

“Visiones sólo parcialmente místicas”, en Las palabras de la tribu: escritura y habla. Madrid: Ed. Cátedra / Ministerio de Cultura, 1993.

“Tino Martínez: a signatura das cousas”, no catálogo Ex-votos, do fotógrafo Tino Martínez. A Coruña: Centro Galego das Artes da Imaxe,1994.

“Pensamiento débil / pensamiento trágico”, en Filosofía, política, religión: más allá del pensamiento débil, Gianni Vattimo et al.Oviedo: Ed. Nobel, 1996.

“La reinvención de España”. Fundación Alternativas. Madrid.2006

“Notas sobre o así chamado feísmo” en Feísmo: destruír un país. Antón Baamonde e outros. Difusora de Ideas.Ourense. 2006

“Para saír do tempo e do espazo”. Texto para o catálogo da exposición “O Futuro da Actualidade”, realizada no CGAC do 14 de setembro ao 10 de decembro do 2006. Xunta de Galicia.CGAC. 2006

“Homes fráxiles”. Prólogo á “A Piragua” de Cándido Pazó. CDG.2008

Tamén participou nos libros de homenaxe a Ramón Piñeiro e Carlos Casares:

Homenaxe a Ramón Piñeiro. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2001.

Carlos Casares, as imaxes, os amigos. Vigo: Ed. A Nosa Terra, 2005.

Ademais, publicou numerosos ensaios e artigos nas revistas Grial, Luzes de Galiza, Galicia Internacional, Obradoiro, Tempos Novos, Agalia e outras. Foi colaborador habitual de A Nosa Terra, do extinto Diario de Galicia e durante anos de La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña e da edición de Galicia de “El País”. Na actualidade colabora en El Diario e Praza Pública. Tamén fixo colaboracións radiofónicas na Radio Galega e na SER.

Formou parte do Consello de Redacción da revista Luzes de Galiza e, en tanto que coordinador do “Foro Luzes de Galiza”, redactou os manifestos que fixo públicos o citado foro. Ten impartido conferencias nas universidades de Santiago de Compostela, Barcelona, Oviedo, Oxford, Varsovia e Cracovia, participado nos encontros de Verines, organizados cada ano por Víctor García de la Concha -director da RAE-, e tamén nos que cada ano organiza a Fundación Carlos Casares, así como en numerosos seminarios e congresos de diversa índole.

Organizou numerosos eventos e xornadas no marco de distintas institucións -Consello da Cultura Galega, Centro Galego de Arte Contemporánea, COAG, etc. Foi un dos impulsores do proxecto, acometido pola sociedade Edicións de Referencia, que buscaba a saída á rúa dun novo diario de filiación galeguista e progresista. Colaborou coa Generalitat de Catalunya e a Fundación Alternativas no programa “Catalunya proposa”. Forma parte do consello asesor da Fundación Carlos Casares e é membro da sección de pensamento do Consello da Cultura Galega.

 Outros datos de interese

ALGUNHAS OPINIÓNS SOBRE ANTÓN BAAMONDE E A SÚA OBRA:

Carlos Gurméndez: “Admiro a súa obra literaria e filosófica”.

Francisco Fernández del Riego: “Ao meu entender, o ensaísmo en Galicia hoxe está representado polo teólogo Andrés Torres Queiruga e por Antón Baamonde”.

Ramón Piñeiro: “Unha cabeza ben amoblada”; “Poucas cousas me poderían alegrar máis que a descuberta dunha nova mente autenticamente filosófica na nosa cultura”.

Manuel Rivas: “Antón é dos que toman o café nas trincheiras e non as trincheiras no café”.

 

Sobre “El laberinto y sus salidas”:

Lluis Álvarez, filósofo: “Me atrevería a decir que nadie entre nosotros -excepto Jesús Aguirre y José Francisco Yvars- ha extraído tanto de la filosofía judeo-marxista de Walter Benjamin”.

 

Sobre “La rosa sin por qué”:

Xavier Rubert de Ventós: “Yo no puedo leer a Antón Baamonde. Sus palabras se instalan y me contaminan sin remedio. No puedo adherirme a lo que dice sin sentir que estoy siendo demasiado condescendiente conmigo mismo”.

Manuel Rivas: “La obra de Antón Baamonde está escrita desde el lado oscuro del bosque”.

Darío Villanueva: “É un libro cheo de epifanías”.

Domingo García-Sabell: “Ten o encanto sincopado do Jazz”.

 

Sobre o libro de entrevistas “La reinvención de España”:

Pasqual Maragall: “Me ha fascinado”.

 

Sobre “Aire para respirar”:

Fermín Bouza: “é a obra dalguén que ten a percepción sensíbel e apaixonada de quen loitou e loita por mellorar unha realidade tan pouco amable como a de Galicia”.

Bieito Iglesias: “Contén unha execratio de Galicia, presenta un país erguido -coma o Dublín de Joyce- sobre os peares da saudade e do rancor”.

Damián Villalaín: “A obra dun heterodoxo”.

Para Xosé Manuel Eiré crítico literario de A Nosa Terra: “Antón Baamonde é unha rara avis dentro da cultura galega”.

 

Sobre “A Derrota de Galicia”:

Para Armando Requeixo en Criticalia:

Hai pensadores de referencia aos que sempre paga a pena ler. Son analistas conspicuos, sen o concurso dos cales o grisallo concerto cotián semella aínda máis depauperado, facendo que a burremia e a mala idea acaben por fagocitalo todo. E é que cómpre saber que a estupidez é a única dimensión autenticamente infinita do universo e tras dun túzaro sempre pode aparecer outro primate aínda menos evolucionado.

Unha desas escasas voces que nos redimen de tanta idiocia é a do filósofo Antón Baamonde, lúcido esculcador da realidade circundante, dos convulsos espasmos da sociedade de noso que, sobre todo nos últimos tempos, ameaza con devorar os seus fillos cal Cronos irado

 

Para José Precedo en El País Edición Galicia:

Mucho antes de que se abriera la veda, Antón Baamonde (Vilalba, 1959), profesor de filosofía y ensayista, ya llamaba a Julio Fernández Gayoso y José Luis Méndez por su nombre y adjetivos. Esa visión crítica de la sociedad gallega con su política, su incipiente burguesía y sus medios de comunicación impregnan todos sus textos publicados en este diario y en conferencias y jornadas que ahora recoge el ensayo A derrota de Galicia editado por Xerais. En 320 páginas radiografía el proceso de modernización de Galicia durante las últimas tres décadas. Y a pesar del título, el autor no entrega la cuchara: la derrota de Galicia es, a tenor de sus líneas, aún provisional.

Por si no todo estuviera perdido, el texto de Baamonde ofrece recetas para cambiar el signo de su tierra, la primera de ellas, existir con un proyecto propio desde una identidad proactiva y abandonar por fin el rebufo de España, la Unión Europea y el reguero de ayudas comunitarias, para confiar en un destino original vinculado a la sociedad-red mundial que saque partido a su posición atlántica y a la cada vez más difusa frontera con Portugal.

 

Para Fermín Bouza en El País:

A modo de milagro cognitivo, se me volvió esta microhistoria a la cabeza cuando llegó a mis manos y empecé a leer el libro A derrota e Galicia (Xerais, 2012) de mi compañero en estas páginas Antón Baamonde, a quien siempre consideré dueño de un pensamiento libre y lúcido, estuviera o no de acuerdo y hasta qué punto con sus palabas. Al fondo, la sensación de que las cosas se habían movido poco en la buena dirección desde que Guerra Campos había tirado la toalla del progreso y se había echado a algún monte capitalino. Galicia se había equivocado también y, como el canónigo sabio, había optado por vías imposibles para su futuro. En el libro de Antón hay algunas razones para el optimismo, pero no demasiadas. Las justas de quien quiere creer y mira, capítulo a capítulo, las bonanzas de un país, el nuestro, que parece vencido pero que quizá no lo esté todavía. La entrada es dura: “O proceso de disolución da identidade nacional de Galicia é fortísimo… O idioma… está exhausto…Galicia carece de visión acerca das súas opcións no mundo globalizado. Non hai ideas ou non se toman en consideración…”.

Por detrás de Guerra, en su cubículo de San Paio, hay más libros, más papeles y más legajos. Un mundo más propio de la búsqueda de la piedra filosofal que de ningún pensamiento racional. Pero Guerra resistió durante un tiempo y soñó, probablemente, con otra Iglesia y con otro mundo. Quizá con otra Galicia.

Antón, sin legajos ni mayores ataduras, empieza maldiciendo y acaba construyendo una antología de su desolación como gallego y de su esperanza como tal. La crítica nos va quitando humedades y nos abre al cambio. De esta derrota cantada por Antón va creciendo otra cosa mejor, pero hay que darse prisa. El tiempo se acaba para hacer reversibles algunas cosas básicas. Todos venimos de alguna derrota, y desde ahí nacimos y nacemos. También Galicia.

 

Para Manuel Rodriguez Alonso en Galicia Confidencial:

Antón Baamonde reúne neste libro un feixe de artigos ensaísticos, algúns deles publicados antes en El País, que, como acontece cando o ensaio é verdadeiro ensaio, non só serven para expresar a opinión persoal e subxectiva do autor sobre temas de actualidade, senón tamén para provocar a discusión e o debate. Xa o mesmo título busca este debate pois derrota pode entenderse como “perda nun enfrontamento” ou ben “itinerario ou dirección que se segue”.

No limiar o autor sustenta a tese que a derrota ou dirección que levou Galicia nos trinta anos de autonomía conducen á súa morte como feito diferencial (páx. 9). O autor apónlles esta derrota, é dicir, “perda”, dun xeito orteguiano de máis a unhas elites galegas pouco preparadas ou mesmo inexistentes, incapaces de xeraren un proxecto para Galicia e mesmo á tendencia ao atraso e á rutina da sociedade galega.

 

Para Manuel Bragado en Faro de Vigo:

A pasada semana presentouse na Feira do Libro de Vigo “A derrota de Galicia” (Xerais 2012), o máis recente ensaio de Antón Baamonde, un dos pensadores máis orixinais e independentes do noso tempo. O acto pasou inadvertido para a axenda dos medios de comunicación, dos partidos políticos e “elites” viguesas, a pesar do grande interese das ideas de Baamonde para realizar un diagnóstico e unha prospectiva dun país, hoxe baixo mínimos, sometido aos efectos dunha crise económica e política que ameaza con liquidar o seu modelo de convivencia e gobernanza.

Lendo nas páxinas do recomendabilísimo ensaio de Baamonde semella que non vai ser doado reorientar esta derrota. Para iso sería imprescindible que a identidade de Galicia fose “proactiva, de futuro, tecida sobre a base de novos consensos sociais e inscrita na sociedade-rede mundial”. Unha identidade transformada en norai, un punto de amarre capaz de evitar a disgregación social, unha referencia que permita enmarcar o territorio, a historia e a cultura no mundo dos fluxos e transformacións dun tempo de tránsito. Con todo, semella que a clave para o éxito deste proxecto de cambio de orientación está no dinamismo e na enerxía da sociedade civil galega. Evitar a derrota de Galicia depende da cidadanía galega.

 

Para Henrique Monteagudo en El País edición Galicia:

O pasado verán asistín ao musical Galicia caníbal, ideado por Antón Reixa e dirixido por Quico Cadaval, e lin o volume A derrota de Galicia, de Antón Baamonde. Velaí tres dos maiores talentos do meu tempo, polo que non é de estrañar que me desen azo tanto para o deleite como para a reflexión. Como pano de fondo desta, o devir do país e o papel neste da miña xeración.

A derrota de Galicia. Contemplando aquelas mozas e mozos mergullados na movida dos oitenta, non podía deixar de evocar as nosas contradicións, que xa sentiamos antano, pero sobre as que volvín hogano, á luz das reflexións de Baamonde e das miñas propias experiencias. A pesar de que me criei nunha vila diminuta, en aspectos fundamentais a miña cultura foi basicamente urbana e cosmopolita, pouco menos da que podía ser a dun Reixa, urbanita vigués ata os miolos. O vilalbés Baamonde asegura de si mesmo algo semellante. Pois ben, iso creounos, coma a moita outra xente de similar condición, serias dificultades para encaixar nun nacionalismo que daquela gurgullaba con forza e ao que nos aproximamos con parella paixón. Poño por caso, xa que falamos de música: eu aplaudía a Fuxan os Ventos e máis aínda a Milladoiro; gustaba de Paco Ibáñez e Lluís Llach tanto como dos Chieftains. Pero tanto ou máis nosos eran Lou Reed ou Lynyrd Skynyrd, como máis tarde foron Siniestro Total e Os Resentidos. Aquilo, unido a outros trazos do meu comportamento considerado “pequeno burgués” (os meus amigos de Muros mariñeiros e proletarios podían alucinar con isto), valeume unha difícil acollida nos círculos do nacionalismo, cuxos dirixentes me contemplaban con indisimulada desconfianza. Algún, mesmo, me quixo someter a un programa de “reeducación” (Mao estaba en voga).

 

REFERENCIAS EN:

Gran Enciclopedia Gallega. Anexo

Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo.

Francisco Fernández del Riego, Diccionario de escritores en lingua galega. Sada-A Coruña: Ed. do Castro, 1990.

Dolores Vilavedra (Dir.), Diccionario da literatura galega. 3 t. Vigo: Galaxia, 1995, 1997, 2000.