Fernando González Truque


Data de Nacemento: En 1974
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Formación 
-Licenciado en Socioloxía pola Universidade da Coruña (1992-1997).
-Doutorado en Teoría e Metodoloxía para o Análise da Realidade Social polo Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña (1997-1999).
-Suficiencia Investigadora concedida en setembro de 1999.
-Máster en Asesoramento Familiar pola Universidade Pontificia ICAI-ICADE Madrid (1999-2000).

 

 Obras realizadas

Experiencia profesional
Sociólogo: deseño e posta en funcionamento de proxectos de incorporación socio-laboral de persoas e colectivos de difícil inserción. Elaboración de itinerarios personalizados desde a formación persoal e profesional ata o acceso a postos de traballo profesionais. Auditor de proxectos de carácter empresarial. Entidades contratantes: Rede Igloo Galicia (maio de 1999 ata decembro de 2001), Alar Galicia proxectos integrais para a inserción socio-laboral galega (desde maio de 2001 ata abril de 2002) e Ingafor Lugo (desde febreiro ata maio de 2008).
Técnico de emprego: prospección das potencialidades de desenvolvemento económico de diversos sectores de influencia, deseño e xestión de plans de actuación, dinamización, difusión e implantación de políticas de emprego e fomento de contratación de programas de inserción de mozos. Estímulo de iniciativas emprendedoras e acompañamento ata a súa implantación.
Esta actuación propia dos técnicos de emprego e complementada coa localización de persoas e colectivos de difícil incorporación socio-laboral e o deseño e elaboración de plans e proxectos de actuación concretos elaborados a partir das necesidades da poboación á que van dirixidos: creación de Cursos de Formación (SGI), Talleres de Emprego e Escolas Taller a través de subvencións concedidas pola Dirección Xeral de Fomento do Emprego da Consellería de Traballo e do Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia. Entidade contratante: Alar Galicia Proxectos integrais para a inserción socio-laboral galega. Actualmente ocupa o cargo de Presidente de Alar Galicia.
 
Proxectos de Investigación
Participación na coordinación e dirección (deseño, recompilación de datos, análise e síntese) de diversos estudios e proxectos de investigación financiados pola Xunta de Galicia desde 2002 ata 2007:
-      Primeiro Estudio de Necesidades de Lugo (2002).
-      Estudio sobre os medios de comunicación e o papel da muller e a súa incidencia (2003).
-      Estudio sobre a prostitución en Lugo (2004).
-      Prensa e menores (2005).
-      Violencia e muller (2006).
-      Estudio sobre violencia de xénero nos medios de comunicación (2007).
Foi asesor familiar na empresa lucense Afami CB durante o ano 2007.
 
Experiencia docente
-1997-1998: Cursos de Introdución á Informática na Facultade de Socioloxía.
-2001-2006: Cursos de Habilidades Sociais no marco do Plan Galego de Inclusión Social.
Módulos de Métodos activos de busca de emprego. Cultura Emprendedora. Talleres de Emprego nos anos 2001-2002, 2002-2003, 2003-2004 e 2004-2005 e en Cursos do Servizo Galego de Igualdade (Xunta de Galicia) durante os anos 2003, 2004 e 2005.
-2005: Xornadas de Orientación Educativa e Laboral á xuventude lucense a alumnos de 1º e 2º de BAC e FP1 dos 9 Institutos de Secundaria de Lugo.
-2005: Cursos de Formador Ocupacional e Formación Técnica Básica en Orientación Profesional para o Emprego.
-2006: Seminarios de Busca de Emprego e Cultura Emprendedora  aos alumnos de 1º e 2º de BAC e FP dos 9 Institutos de Secundaria de Lugo.
-2006: Docencia no Taller Técnicas de relación educativa e acompañamento pedagóxico na acción individualizada para a Escola de Primavera do Colexio de Educadores Sociais de Galicia (CESG), dentro do marco de Metodoloxías de acción e participación socioeducativas.
-2006: Cursos de Mediadora Intercultural.
-2007: Módulo de Creación de Empresas para o Curso de Dependencia xestionado por Cefortrans (Centro de Formación do Transporte de Lugo).
-2007: Módulo de Creación de Empresas para o Curso de Mercancías perigosas por estrada xestionado por Cefortrans (Centro de Formación do Transporte de Lugo).
-2007: Módulo sobre a Lei de Dependencia para o Curso de Dependencia xestionado por Cefortrans (Centro de Formación do Transporte de Lugo).
-2007, 2008 e 2009: Seminarios de Métodos Activos de Busca de Emprego. Cultura Emprendedora a alumnos de 1º e 2º de BAC e FP de Institutos de Secundaria de Lugo.
 
Publicacións
-“Guía de Saídas Profesionais da Socioloxía e da Ciencia Política”. Xunta de Galicia.
 
Asistencia a Cursos
-“Curso de Análise da idea de negocio e elaboración dun plan de empresa”, organizado e dirixido pola Xunta de Galicia, BIC GALICIA e IGAPE (2003).
-“Curso de Cooperativismo e Desenvolvemento Local” organizado por AGADER e Fundación CETMAR e subvencionado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (actual Consellería de Traballo) (novembro-decembro de 2004 e xaneiro de 2005) e unha visita práctica ás cooperativas e empresas de economía social do sur de Francia.
-Colaboracións periódicas con Radio Voz Lugo e Telelugo (El Progreso de Lugo): faladoiros e noticias de impacto social.
Colaboracións periódicas cos xornais La Voz de Galicia e El Progreso de Lugo: noticias de interese social e laboral. 

 

 Outros datos de interese

Idiomas: 
Galego: nivel falado e escrito. Lingua materna.
Inglés: nivel falado e escrito: estancia na Universidade de Vancouver (Canadá) e na de Sheffield (Inglaterra), para a realización de cursos de aprendizaxe do idioma e da cultura inglesa. Tamén realizou dous cursos de perfeccionamento de Inglés pola Universidade da Coruña.
Francés: nivel medio. Realizou  catro Cursos Alianza Francesa.
 
Informática:
Dominio de programas baseados en Windows XP e Internet, Paquete OFFICE XP (Word, Excel, Access e PowerPoint), Programa Estatístico SPSS 12.0 e Deseño de Páxinas Web (Macromedia: Flash, Dreamweaver e Freehand). Realizou a páxina web de Alar Galicia www.alargalicia.com . Bolseiro da Aula de Informática da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña desde setembro de  1996  ata maio de 1999 (encargado do mantemento de 20 ordenadores e sistemas de proxección).