José Manuel Espiño Meilán


Categoría: Mestre e Escritor
Data de Nacemento: 14 de novembro de 1956
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Casado e pai de tres fillos, estudou nos Maristas e na Escola de Maxisterio de Lugo. Cautivado pola natureza, inicia estudos de etoloxía dun modo autodidacta seguindo os pasos, publicacións e leccións maxistrais do entomólogo francés Jean-Henri Casimir Fabre e aos 19 anos tiña o título de mestre en Educación Xeral Básica na especialidade de Matemáticas, Física – Química e Ciencias da Natureza.

En 1977, no CEIP 29 de abril nas Palmas de Gran Canaria, comeza a súa singradura profesional como mestre. A comezos de 1978 deixa provisionalmente a docencia para incorporarse ao Servizo Militar. Serían 18 meses na Armada Española que serviron para afirmar a súa vocación de naturalista comprometido.

En 1980 regresou cun destino que sería definitivo: o C.E.I.P. Esteban Navarro Sánchez na localidade de El Calero no municipio grancanario de Telde.

Desde o principio, forma parte dun grupo de profesionais da educación que pretendían coñecer, conservar e protexer os valores culturais e naturais deste arquipélago.

 Obras realizadas

No ámbito da difusión escrita:

Na prensa local:

Colaborador e articulista de La Provincia, Diario de Las Palmas e Canarias 7. En Telde Informativo foi columnista habitual na páxina dedicada ao Medio Ambiente.

 

Publicacións:

-“Sendero ecológico por los arenales de Tufia”. M.I. Concello de Telde. 1987

-“Pequeñas historias de un jardín de escuela”. M.I. Concello de Telde. 1989

-“El paraje natural de Montaña Bermeja”. M.I. Concello de Telde. 1988. 1ª y 2ª edición.

-“El paraje natural del morro de Tufia”. M.I. Concello de Telde. 1988. 1ª y 2ª edición.

-“Serie de cuadernillos: Jardines escolares canarios”.

-“Colección: Observa tu jardín escolar”. Edita: Centro de Profesores de Las palmas de Gran Canaria.1990

-“Colección: Conoce tu jardín escolar”. Edita: Centro de Profesores de Las palmas de Gran Canaria.1990

-“El Jardín Dorado. Propuestas didácticas para la Educación Infantil en el Jardín Canario”. 1998. Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa de la Consejería de Educación, Cultura y Deportes del Gobierno de Canarias.

-“Las ecoauditorías”. Centro de Profesores de Las Palmas de Gran Canaria.

-“La evaluación en Educación Ambiental”. Centro de Profesores de Las Palmas de Gran Canaria.

 

Publicacións inéditas

Los barrancos de Telde; Los barrancos olvidados de Telde; El vidrio en Canarias. Reciclaje y talleres educativos; La biodiversidad. Aplicaciones didácticas en el tratamiento de la misma;

Canario y el mundo mágico de las mariposas; y Salvar el guirre. Proyecto pedagógico para el conocimiento, divulgación y sensibilización del guirre en Fuerteventura.

 

No ámbito da divulgación oral:

Durante a década dos 80 e 90 foi relator, orador, contertulio e dinamizador en múltiples actos celebrados en casas da Cultura municipais, radios locais, Club de Prensa, locais veciñais de asociacións (municipio de Telde, Arucas, Agüimes, Ingenio, Gáldar, Pájara, Tuineje…), A,P.A.S, salas de profesores e salóns de actos de multitude de centros do arquipélago …

Participou en programas variados de índole ecoloxista e medioambiental en diversas emisoras locais, insulares, rexionais e nacionais; e promoveu a realización de programas de ensalzamento e valoración das especies arbóreas autóctonas tales como o drago, o pino e a palmeira canaria cos alumnos do C.E.I.P. Esteban Navarro Sánchez.

 

Labores realizados no plano da educación ambiental:

Xestión realizada desde o centro educativo onde exerce:

Hai dous proxectos cuxo desenvolvemento marca as liñas mestras da súa actuación na xestión e didáctica ambiental:

- Inicio de la gestión, promoción y desarrollo del Proyecto Jardines Escolares Canarios. Este proxecto consegue, na década dos 90 levar este modelo á práctica totalidade dos centros do municipio tanto de ensinanza Primaria como Secundaria.

- Creación del Grupo Naturalista TURCÓN.

- Presidente de honra do grupo ecoloxista TURCON.

 

Actividades ao arredor da creación do Grupo naturalista TURCON.

Saídas para coñecer o entorno, fin de semana tras fin de semana, viaxes a outras illas (El Hierro), traballos de campo, seguimentos ornitolóxicos, estudos de volcáns, estudos de vexetación, acampadas, repoboacións, loitas, limpezas de espazos naturais, denuncias, persecucións dos extractores de areas das praias de Jinámar, ameazas, carreiras…

 

Actividades dos primeiros anos:

-Elaboración e dirección do programa radiofónico: En tu colegio, una palmera.

-Creación, coordinación e dirección de varias revistas escolares: LOTUS KUNKELII, ALERTA JUVENIL e TURCÓN

-Fundador e coordinador da Aula de Ecoloxía de El Calero. Telde. Anos académicos: 1989-90, 90-91, 91-92 e 92-93.

-Durante este cuadrienio desenvólvense novas publicacións e materiais curriculares sobre Xardíns Canarios Escolares e Hortos Ecolóxicos Escolares, xestiona a creación dunha biblioteca ambiental, ofertándose os materiais de dita biblioteca, o uso da mesma e un asesoramento continuo, a todos os centros educativos de ámbito municipal.

-Xestión da apertura dos xardíns didácticos do centro a outros centros e recíbense visitas didácticas doutros centros da illa entregándoselles materiais para o seu aproveitamento durante a mesma, repartíndolles sementes para para iniciar o seu propio xardín.

-Desenvolvemento de Xornadas Ecolóxicas abertas a todo o profesorado do municipio e pais da zona, xornadas que se celebraron cinco anos sucesivos e que no ano 2002 tiveron un mes de actividades entre obradoiros, repoboacións, conferencias e rutas didácticas.

-A nivel colectivo, asesora, coordina e dirixe un grupo de alumnos na observación, estudo e investigación do medio canario, sendo ganadores do Premio Enrique Sventenius, convocado polo Xardín Botánico Viera y Clavijo co traballo “Estudio de la flora y la fauna del barranco de Guayadeque”.

 

No ámbito da creación e deseño de espazos:

-Membro dos equipos de deseño dos espazos libres en centros educativos de Canarias para o seu uso en xardíns e hortos educativos (a primeira fase en Gran Canaria, logo noutras illas).

-Ideólogo e deseñador dos Xardíns Escolares do centro educativo Esteban Navarro Sánchez, colexio seleccionado por ditos xardíns canarios como centro modelo no 2º Congreso Internacional de Educación en Xardíns Botánicos celebrado en Gran Canaria.

-Coautor dos Proxectos de repoboación e axardinamento das praias e riscos de Salinetas, 

Clavellinas e Melenara.

-Coautor de proxectos de deseño e execución de prazas arboradas e reforestación con

 flora autóctona en diversas fases de Jinámar e no barranquillo Cruz de la Gallina.

-Participou como relator, dinamizador, asesor e coordinador en multitude de cursos, seminarios e proxectos relacionados coa educación e o medio ambiente.

-Coordinación da revista de educación ambiental CARDÓN que recollía as inquietudes dun bo número dedocentes preocupados pola Educación Ambiental.

 

Xestión realizada desde outros ámbitos educativos:

-Coordinador do Grupo Estable de Educación Ambiental en Telde.

-Membro fundador da Asociación Canaria de Estudos Ambientais (ACEA)

-Foi promotor e coordinador dos proxectos: “Conocer y conservar nuestros barrancos” e “Huertos escolares ecológicos” e promocionou a educación ambiental en Aulas da Natureza, espazos naturais, parques naturais...

 

No ámbito da creación literaria

-Autor e membro do equipo de xestión da colección de paneis: “25 Años del Colectivo TURCÓN”, material divulgativo que se presentou en diferentes centros culturais da illa e en centros educativos. Ano 2007.

-Colaborador do autor José Luis González Ruano no libro: “El camino de Santiago en Gran Canaria”.

-Escribiu as seguintes obras: Ventayga, el enigma del nemeth, Los silencios de Punta de las Arenas (2012) e Un centenar de lagartos (2013), esta última presentada en Gran Canaria e Lugo.

- En 2015 publicou a novela "KA I AK: una isla, una piragua y unas botas de montaña", que foi presentada o 19 de marzo de 2015, na 'Casa Museo León y Castillo', en Telde (Gran Canaria).

 Outros datos de interese

Destaca nestes últimos anos:

-Xefe do Departamento de Bioloxía do I.E.S. El Calero. (2006 a 2010).

-Coordinador do Programa de saídas extraescolares a espazos naturais, centros específicos de educación ambiental e ao entorno inmediato do I.E.S. El Calero.

-Deseño e elaboración das maletas didácticas: “Plantas medicinales y Plantas alimenticias del mundo”.

-Pregoeiro en 2012 das Festas de Santiago Apóstolo na Casa de Galicia das Palmas, recibo a Insignia de Ouro de dita institución de mans do seu presidente Ricardo Villares.

-Finalista do premio nacional “Félix Rodríguez de la Fuente” de investigación educativa, convocado por Plus Ultra co traballo titulado “Los bosques autóctonos de Canarias”.