Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
No ano 1987, foi nomeado 1º tenente de alcalde do concello de Vilalba.
O 22 de xaneiro de 1990 e deica o 12 de maio de 2005 ocupou a alcaldía deste municipio chairego.
Foi deputado provincial dende o ano 1991 ata maio de 2005 e é membro do Comité de Dirección provincial do PP.
Foi Deputado Autonómico, e, na actualidade, volve ser Alcalde de Vilalba.