Eloy Luís André naceu en Mourazos, Verín en 1876 e morreu en Madrid no ano 1935.
Doutor en Filosofía e Letras.
Doutor en Psicoloxía (en España e Alemaña).
Licenciado en Dereito.
Catedrático numerario de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos do Dereito nos Institutos de Soria, Ourense e Toledo.
Bolseiro pola Universidade de Salamanca para facer estudos superiores de Filosofía nas universidades de Lovaina, Bruxelas e París.
Bolseiro polo Estado para ampliación de estudos á Universidade Leipzig/Xena, baixo a dirección do profesor G. Wundt.
Escritor, tradutor, correspondente e articulista.
Tradutor de W.M. Wundt, R. Eucken e H. Höffding.
Obras declaradas de mérito pola Real Academia das Ciencias Morais e Políticas e Consello da Instrución Pública.
Catedrático numerario de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos do Dereito do Instituto Xeral e Técnico Cardeal Cisneros.
Introdutor en España da Psicoloxía científica e holística (Wilhelm M. Wundt).
Sociólogo político, economista.
Brillante conferenciante.
Europeísta convencido.
Xermanófilo, Liberal, Republicano, Federalista.
Intelectual Galeguista
Eloy Luis André, é sen dúbidas un dos grandes eruditos que deu a comarca de Monterrei. A súa análise científica, o seu tesón, rigor, capacidade e quizás máis importante, a coherencia consigo mesmo, deu coma resultado unha persoa dificilmente clasificable na España de finais do XIX e primeiro terzo do XX.
Estamos perante dun enciclopedista: Catedrático de psicoloxía, lóxica, ética e rudimentos do dereito, (tal era o nome da súa cátedra no Cardeal Cisneros) pero tamén Dr. en Filosofía e Letras, Psicoloxía, Licenciado en dereito, escritor, correspondente e articulista, tradutor das obras W.M. Wundt (pai da psicoloxía experimental), R. Eucken (Premio Novel de literatura en 1908) e H. Höffding (filósofo danés, un dos grandes do pensamento da nosa época ao nivel de Wundt), pero tamén sociólogo político, economista, gran orador, europeísta e xermanófilo convencido, liberal, republicano, federalista e intelectual galeguista.
Información facilitada por Miguel Losada, da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).