Antía Sánchez Alonso


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 3 de xuño de 1975
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É licenciada en Belas Artes, na especialidade de pintura, pola Facultade de Pontevedra en 2004.
Profesionalmente traballou como axudante de produción ós artistas na Bienal de Pontevedra (xullo 2004); coordinadora de recursos humanos no Festival IFI (Festival Galego de Novas Tendencias) de Pontevedra (maio 2004); coordinadora de “precuelas e secuelas” actividade paralela ó Festival IFI (novembro e decembro de 2003, xaneiro e febreiro de 2004); comisariado no espazo A Pastora (Vigo, 2006); docente de pintura en centros sociais (2006); xestora e administradora da sección de galería gráfica de ‘alg-a.com’; xestora e administradora da sección de galería gráfica de ‘lechanelas.com’ e docente de debuxo e pintura en centros sociais de Vigo (Teis, Rivera Atienza, Coia) no curso 2006-2007.

CURSOS:
2004. Entorno max, impartido por Miguel Seoane, membro do colectivo Ludd.
2003. Curso de son, edición e creación de música electrónica cos programas ‘Buzz’ e ‘Cool Edit Pro’ impartido polo artista Finlandés Teemu Raudaskoski.
2002. Curso de ilustración impartido polo deseñador Isidro Ferrer.
Tivo unha bolsa Erasmus a Kuopio (Finlandia) en 2003 e unha bolsa de paisaxe organizada pola Fundación Mondariz Balneario (2004).
Colaborou co Grupo ‘Flexo’ de performance e Grupo de Teatro ‘Chévere’ na “Casa Tomada” (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela, 2000); fixo o debuxo de portada do CD “Sono” de ‘O fillo pausado’ (2001); realizou a instalación para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Pazo da Cultura (2002); fixo a pintura de portada e maquetación do CD “Pihlaja” do grupo finlandés “Pihlaja” (2003); coordinou e participou no primeiro fancine hispano-finlandés “Perquele” (2004); participou na performance colectiva “Camel-arte” dirixido por ‘La Fura dels Baus’; foi membro activo do colectivo ‘alg-a’; fixo unha exposición de libro de artista e unha Zoo-audio-performance con Isaac Cordal en ‘alg-a.com’; colaborou cunha interpretación na performance “Census” do grupo Ludd na Sala Nasa (2006), foi membro activo do colectivo alg-a: Deseñadora para os artistas do Net-Label de alg-label.com, administradora do blog ‘apastora.com’, blog experimental do espazo físico de produción artística ‘A Pastora’ (Vigo) e galerista dixital para ‘alg-a.org’ e ‘lechanelas.com’.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
2000. “Alquimia”, Sala de Exposicións de Belas Artes (Pontevedra), “Paraísos perdidos”, Sala de Exposicións de Belas Artes (Pontevedra) e colaboración no proxecto escultórico co Concello de Porriño (Pontevedra).
2001. Exposición coa artista Ana Santiso en Medusa (Santiago de Compostela).
2002. Galería Xocolata, ‘Artistas de Coutomixto’, exposición itinerante no Concello de Coutomixto, Banco Simeón (Ourense), Pazo de Cultura (Pontevedra) e instalación con motivo do Salón do libro infantil e xuvenil na súa terceira edición.
2003. “Nature”, exposición itinerante de tres pinturas en Kuopio (Taitemia Galería) e Jyväskyla (Cag ‘Centro de artistas gráficos’) e “No es crúpulo” exposición de pinturas e debuxos na sala de exposicións de Belas Artes (Pontevedra).
2004. “Existimos”, exposición de gravados comisariada pola artista Ana Soler no ‘4º Salón do libro infantil e xuvenil no Pazo da Cultura’, exposición no espazo “Entre Lusco e Fusco” cos artistas Brais Rodríguez, Alejandro Viñuela e Teemu Raudaskoski (Pontevedra) e exposición no Concello de Mondariz Balneario pola Bolsa de Paisaxe.
2005. Exposición no espazo Ámbar (Barcelona), exposición para a subhasta organizada pola Suite de tres obras, Hotel Calipso (Sitges), exposición para recadación de fondos para Unicef, Sala Teucro (Pontevedra) e exposición e venda de pinturas no Supermercado de Arte organizado por ‘Firart’ nas festas de Vilafranca do Penedés.
2006. Caravana en Canadá, exposición de pintura no espazo de produción artística A Pastora xunto coa artista canadiense Michelle Doerner; Fondo na Galería El Almacén (Barcelona), Fondo na Galería Termes (Vigo), exposición na Galería Termes (Vigo).
2007. Exposición "Urbanografías" con Nela Quesada en "Pega Moura".

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2000. Exposición no espazo “Uf” (Vigo).
2001. Exposición en Café Galería (Vigo).
2002. Exposición de pinturas e debuxos no espazo “La casa de arriba” (Vigo).
2003. Exposición de pinturas e esculturas en Kellari Galeri, Kuopio (Finlandia).
2004. Exposición no espazo “O baúl” (Pontevedra).
2005. Exposición en Terra, Lloc de Trovada (Barcelona).
2006. Exposición no espazo Patos (Nigrán).
2007. Exposición "Naturaleza Urbana" na Galería Termes. Vigo.

 Outros datos de interese

SELECCIÓN DE OBRA: A súa obra foi seleccionada para unha exposición do Certame Caixa Pontevedra (2000); exposición e catálogo no Certame Cidade de Lugo (2004); Certame de Novos Valores (Pontevedra, 2004); exposición do concurso “Pinturas Alborada” (2004); exposición do Certame “Balconadas” (Betanzos, 2004); I Certame “Pasajes de luz” (Granada, 2006); VII Bienal do Eixo Atlántico (Exposición itinerante en 18 cidades, 2006); Certame Comarca do Sar (Padrón, 2006) e Certame de Pintura e Escultura (Cangas, 2006).
Obras súas foron adquiridas pola Fundación Mondariz Balneario (“Arbore II”), Asociación profesional de rexistradores, Madrid (“Ponte río tea”), Subhasta dunha obra organizada pola Suite (Sitges) e Cavas Nadal, Terceiro Premio do Certame 2005.
Ten coñecementos de inglés (British Council, 1997), francés (nivel básico), galego e de finlandés (curso de iniciación).
PREMIOS: Foi galardoada co terceiro premio de pintura Nadal de Vilafranca do Penedés (2005).