Licenciado en Medicina e Cirurxía con sobresaínte e premio extraordinario na Universidade de Santiago de Compostela en 1962, doutorouse na mesma universidade seis anos despois e especializouse en 1969 en Endocrinoloxía e Nutrición na Universidade Complutense de Madrid. Fellow en universidades estranxeiras: Royal Infirmary (Edimburgo – Escocia, 1965-67), Neels Steenses (Copenhague, 1968-69) e Medical Center (San Francisco – California, 1969-71). Desde 1984 é Profesor Titular/Xefe do Servicio de Endocrinoloxía e Nutrición no Hospital Universitario San Carlos de Madrid (Facultade de Medicina da Universidade Complutense) e catedrático de Medicina da Universidade Complutense desde 1992.
Director de quince proxectos de investigación subvencionados, conta con 248 publicacións en revistas científicas (175 en revistas españolas, 70 en revistas estranxeiras e tres en revistas en francés). Ademais, dirixiu trinta e catro teses y tesinas doctorais, escribiu trinta libros e monografías, impartiu 281 conferencias (vinte en universidades estranxeiras) e levou a cabo duascentas presentacións e presidencias de mesa en congresos e simposios.
Foi galardoado co Premio San Nicolás da Real Academia de Medicina (Madrid, 1962), o Premio Padre Feijoo de Investigacións Biolóxicas (Ourense, 1973) e o Premio Lilly de Investigación en Endrocrinoloxía (1996). Foi subdirector do Instituto Universitario de Bromatoloxía e Nutrición da Universidade Complutense de Madrid (1984-87), presidente e membro de honor da Sociedade Española de Endocrinoloxía (1987), presidente da Comisión Nacional da Especialidade de Endocrinoloxía e Nutrición (1987-88), presidente da comisión Insalud-Universidad de Investigación (1990-95), presidente da Sociedade de Endocrinoloxía, Nutrición e Diabetes da Comunidade de Madrid (1992-96), vocal da Fundación Española da Nutrición (1998) e vocal da Comisión da Diplomatura de Nutrición Humana e Dietética (Facultade de Medicina, Universidade Complutense, Madrid, 2000). Ademais, desde 1994 é coordinador do Grupo de Nutrición da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición e desde 1995 coordinador-director da asignatura de Patoloxía da Nutrición e Dietética (Facultade de Medicina da Universidade Complutense) e da asignatura de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos: Nutrición en Procesos Patolóxicos (Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense).