Aníbal Otero Fernández


Data de Nacemento: 5 de xullo de 1939
Lugar de Nacemento: Vegadeo (Asturias)
 Currículum

Estudiou o Bacharelato en Oviedo e Maxisterio en Lugo, aprobando as oposicións ó corpo de mestre en 1960. Desempeñou o cargo de mestre nacional en escolas de Santander, Asturias e Lugo desde 1961 ata 1982. En 1979 licenciouse en Ciencias da Educación na UNED. Entre 1983 e 1992 ocupou o posto de orientador nos Equipos Psicopedagóxicos de Apoio da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, sendo o seu posto docente o de xefe do departamento de orientación do I.E.S. Rosalía de Castro (Santiago de Compostela). En 1992 pasou á situación de servicios especiais ó gabinete do conselleiro de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia para formar parte do departamento de Programación de Actividades Culturais dentro do Plan Xacobeo 93. En 1994 é nomeado xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). O IGAEM é un organismo autónomo de carácter comercial, adscrito á Consellería de Cultura, que ten por obxecto o desenvolvemento da política cultural en relación coa producción, promoción e difusión das actividades do teatro, da danza e da música. Desde abril de 2003 é director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.