José Maquieira


Categoría: Músico (Arpa Celta)
Lugar de Nacemento: Vigo - Pontevedra (Galicia)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Natural de Vigo, dedicou a súa carreira musical á recuperación e introdución do arpa celta como instrumento solista, aportando novos conceptos musicais, combinando auténticas tradicións, pezas clásicas e contemporáneas, nas que aplica maxistralmente o esplendor descritivo do arpa, e ampliando os lindes e posibilidades do instrumento.

 Obras realizadas

Realizou os seus estudios musicais cunha bolsa da Xunta de Galicia, de mans da Clarsach Society (Sociedade de Arpistas do Reino Unido) graduándose coas máximas cualificacións e mención do honra, e sendo premiado nas súas competicións internacionais, como gañador da máxima categoría no instrumento no ano 2004. Contribuíron na súa formación, figuras tan importantes como Allison Kinnaird, artífice da recuperación do arpa en Escocia, William Taylor (USA), Kim Robertson (Irlanda), Savurna Stevenson e Harvi Griffin, especialistas en jazz e improvisación. Así mesmo recibiu clases maxistrais en técnica clásica de Catrina Yeats (Orquestra sinfónica de Dinamarca), e Edward Witsemburgh (profesor do Real Conservatorio da Haya, Holanda e da Universidade & die; Mozarteum & die; de Salzsburgo, Austria). Especializado en musicoterapia a música de arpa das illas Hébridas onde abondan belísimas melodías cheas de misterio e espiritualidade, foi invitado a participar como intérprete e docente, en numerosos festivais de diferentes estilos musicais entre os que destacan o XVII, XVIII, XX e XXI Edimburgh Internacional Harp Festival (Reino Unido), XI e XII Festival do Mundo Celta de Ortigueira, O Mundo em Braga (Portugal), Premier Encontre Bretón-Galicien, IX Keltiche Tage am Bodensee (Suíza, etc…). Ten publicados dous CD's: Lendas do Mar (2001) e Lendas do Alén (2006).

 

Música de arpa para bodas Vigo - Pontevedra - Galicia.

 Outros datos de interese

Colaborou e actuou para as máis importantes institucións promovedoras do instrumento, entre elas o British Council, Scottish Arts Council, Gaelic Broadcasting Board, e Castels of Scotland Preservation Trust, na súa labor de recuperación da cultura dos clans. Drumalban, Cutty Sark Tall Ships Races, Liga Céltica Galaica Volvo Ocean Race, e foi vencedor no trofeo E. A. Hyllestead de arpa para profesionais da Real Sociedade Gaélica de Escocia.