Andrés-Santiago Suárez Suárez


Pseudónimo:Andrés S. Suárez
Categoría: Profesor, economista e escritor
Data de Nacemento: 6 de setembro de 1939
Lugar de Nacemento: Brión - Luaña (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É catedrático de Economía da Universidade Complutense de Madrid e catedrático de Organización e Administración de Empresas das antigas Escolas de Comercio (agora Escolas Universitarias de Estudios Empresariais). Foi decano da Facultade de Economía de Málaga e conselleiro do Tribunal de Contas do Reino entre os anos 1982-1991 (por designación das Cortes).

 Obras realizadas

É autor de máis dunha vintena de libros e numerosos artigos sobre economía, administración e finanzas. En lingua galega publicou: O problema económico e humán de Galicia (Caixa Vigo, 1978); Luaña. Mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega (Galaxia, Vigo, 1979); A Regueira (Castrelos, Vigo, 1982) e O raposo careto (Ed. do Castro, A Coruña, 1983). As súas obras de economía máis coñecidas son: Decisiones Óptimas de Inversión y Financiación en la Empresa (Pirámide, Madrid, 1998, 18ª edición), Curso de Economía de la Empresa (Pirámide, Madrid, 1997, 7ª edición) e Diccionario de Economía y Administración (McGraw-Hill, Madrid, 1992).

 Outros datos de interese

Conseguiu o premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidade Complutense. É membro de Honra do Instituto de Censores Xurados de Contas de España e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Sevilla.